Lexislación Bolsas e axudas Calendario escolar Impresos profesorado

Impresos alumnado

Xeografía, Historia e Historia da Arte

Proxecto Siria

En Historia de 1º de Bacharelato (Grupos C e D) decidimos que non podiamos mirar para outro lado mentres o mundo vive a traxedia máis grande desde a Segunda Guerra Mundial. Chamámolo PROXECTO SIRIA. Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos que nos achegaron ás orixes do problema e os efectos que este produce, dividimos a clase en grupos (de 2 a 4 persoas) e a investigación en 10 puntos concretos que nos permitisen cubrir todas as arestas do problema.
  1. Siria... e iso que é?
  2. Construir un xogo de mesa
  3. Editar un vídeo propio e subilo a Youtube
  4. A familia al-Assad... os "capos" de Siria?
  5. A Primavera Árabe
  6. Estado Islámico... quen é? que queren?
  7. A postura das potencias fronte ao problema
  8. Deseñar unha camiseta coa que solidarizarnos
  9. As rutas dos refuxiados
  10. A vida dos nenos... antes e despois

 

 Os obxectivos eran:
  • Buscar e tratar con fontes diversas
  • Comprender para poder explicar sen necesidade de notas
  • Empatizar, sentirnos na pel do outro
  • E finalmente, transmitir o que aprendemos dun xeito orixinal, visual e creativo.

Os resultados foron tan interesantes, orixinais e interactivos que decidimos compartilos con todos, montando unha exposición na entrada do instituto. A exposición está anunciada con pisadas no chan e un muro negro no que estas se perden, e no que se le a palabra SIRIA en vermello, como desangrándose... igual que o propio país. Unha vez dentro, é posible achegarse ao problema mediante paneis e diversos recursos cos que é necesario interactuar: un xogo de mesa, un enorme dado, unha mochila de refuxiado,...

 

Podedes saber máis e ver os vídeos e fotos dos traballos facendo clic en:

http://moedasparacaronte.blogspot.com.es/2015/10/siria-explicada-alumnos-bachillerato-historia-creatividad.html

 

A exposición permanecerá montada ata o próximo venres 5 de Novembro.

Agardámosvos, e esperamos que vos guste tanto como a nós!

 

 
Distribuir contido
 

Rúa Alcalde Casal Aboy nº 11

TUI 36700   Tlf: 886110762

iessanpaio@edu.xunta.es