Skip to Content

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ven de convocar os Premios Extraordinarios de Bacharelato para o alumnado que finalice os estudos de bacharelato no presente curso 2022-2023 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderá optar aos premios extraordinarios de bacharelato o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2022/23 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, seguindo o currículo oficial vixente nela, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.

b) Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75. A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 120, do 29 de xuño).

O prazo de solicitudes, que deberán facerse no enderezo https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED311A&ano=2023&numpub=1&lang=gl , remata o 25 de maio de 2023.

Máis información en https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230403/AnuncioG0655-200323-0005_gl.html

Data: 
Mar, 11/04/2023 - 06:01


page | by Dr. Radut