Iniciar sesión |
A Química.... esa gran desconhecida...... esa gran ignorada
Non sei se sabedes que este ano é o ano INTERNACIONAL DA QUÍMICA.....isto é o máximo. A nosa sociedade (en canto a calidade de vida) debe moito, pero moito, ás persoas que dedicaron a súa vida á química. Quero lembrarvos que cando se fala de Química parece que o único do que se está a falar é de danos: medio ambiente (danos e mal), cancro de orixe química, problemas respiratorios (o caso recente de óxidos de nitróxeno nas capitais), etcétera. Sei que sería un parvo (e sono) se intentase enumerar todas as avantaxes que a Química incorporou á nosa vida, pero aínda sería moito máis parvo se comezase a nomear persoas, institucións e industrias porque a lista é abraiantemente looooooooooooooooonga. Penso que todas esas persoas que por altruísmo, interese persoal ou interese industrial melloraron a nosa vida (en canto a calidade) merecen, e así hai que amosalo, un grande respecto e recoñecemento pola nosa parte.
categories [ ]
|