Skip to main content

Ciclo Formativo Superior de Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa

Título que se obtén

Técnico Superior en Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa

Réximes nos que se imparte

  • Persoas adultas:  Neste réxime a matrícula é modular (por materias). A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida. O horario xeral é:
    • Luns, Martes, Mércores e Venres: 16:00 - 22:05; Xoves: 17:40 - 22:05

Saídas profesionais

A título de exemplo e con fins de orientación profesional enuméranse as ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñadas por este profesional:

  • Director/ora técnico/a e artístico/a en producións audiovisuais, escénicas e de moda.
  • Técnico/a de protocolo e cerimonial en institucións públicas e privadas.
  • Experto/a en etiqueta e usos sociais.
  • Asesor/ora consultor/ora de estilismo no vestir.
  • Asesor/ora de estilos e tendencias.
  • Asistente técnico/a de imaxe política, cultural e artística.
  • Asesor/ora en comercios de vestiario e complementos.
  • Asesor/ora de imaxe en medios audiovisuais e de moda.
  • Técnico/a comercial.
  • Asesor/ora consultor/ora de imaxe corporativa.
  • Experto/a en habilidades comunicativas.
  • Técnico/a especialista en gabinetes de relacións públicas.
  • Técnico/a especialista en imaxe en departamento de márketing.
  • Director/ora de gabinete de asesoría de imaxe.
  • Consultor/ora asesor/ora de protocolo e organización de actos e eventos.
  • Asesor/ora na compra de vestiario, complementos, regalos e cosméticos.
  • Asistente persoal no coidado da imaxe.
  • Organizador/ora de vodas.
  • Asesor/ora de prensa especializada en imaxe persoal.

Duración

Este ciclo ten unha duración de 2000 horas.

Idiomas

  • O alumnado pode participar no Programa CUALE.
  • O alumnado pode solicitar o título noutros idiomas no marco Europass

Consellos para facer este ciclo

Persoas adultas

Estes estudios son modulares, polo que alumno se matriculará dos módulos (materias) que considere. Matriculándote do máximo de módulos posible cada ano, a duración para acabar estes estudios é de dous curso académicos completos e dun trimestre máis para a realización do módulo de Formación en Centros de Traballo.

 

Módulos do primeiro ano Horas
Asesoría cosmética. 133
Estilismo en vestiario e complementos. 213
Asesoría de peiteado. 187
Asesoría estética. 187
Habilidades comunicativas. 133
Módulos do segundo ano Horas
Protocolo e organización de eventos. 140
Usos sociais. 87
Deseño de imaxe integral. 158
Imaxe corporativa. 105
Dirección e comercialización. 87
Empresa e iniciativa emprendedora. 53
Formación e orientación laboral. 107
Módulos do terceiro ano Horas
Formación en centros de traballo. 384
Proxecto de Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa. 26

Máis información