Skip to main content

Ciclo Formativo Medio de Peiteado e Cosmética Capilar

Título que se obtén

Técnico Medio en Peiteado e Cosmética Capilar

Réximes nos que se imparte

  • Ordinario:
    • Luns: 08:10 - 15:20; Martes a Venres: 08:10 - 14:30.
  • Persoas adultas: Neste réxime a matrícula é modular (por materias). A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida. O horario xeral é:
    • Luns, Martes, Mércores e Venres: 16:00 - 22:05; Xoves: 17:40 - 22:05

Saídas profesionais

As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en empresas de imaxe persoal dedicadas aos procesos de peiteado de uso social, onde desenvolverán tarefas de prestación de servizos, comercialización, aprovisionamento, calidade, protección fronte a riscos e control de efluentes e residuos. Adoitan actuar por conta allea, integrándose en equipos de traballo con persoas cun nivel de cualificación igual, inferior ou superior.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Peiteador/ora.
  • Barbeiro/a.
  • Técnico/a en coloracións capilares.
  • Técnico/a en cambios de forma do cabelo.
  • Técnico/a en corte de cabelo.
  • Técnico/a en postizaría.
  • Técnico/a en manicura.
  • Técnico/a en pedicura.
  • Técnico/a ou axente comercial de empresas do sector.
  • Recepcionista en empresas de peiteado.
  • Demostrador/ora de equipamentos, cosméticos e técnicas de peiteado.

Duración

Este ciclo ten unha duración de 2000 horas.

Idiomas

  • O alumnado pode participar no Programa CUALE.
  • O alumnado pode solicitar o título noutros idiomas no marco Europass

En que réxime queres facer este ciclo?

Ordinaria

Estes estudios teñen unha duración de 2 anos académicos, realizando no último trimestre do 2º ano prácticas en empresas por un total de 410 horas.

A lista de módulos (materias) é a seguinte:

Módulos do primeiro ano Horas
Estética de mans e pés 107
Imaxe corporal e hábitos saudables 133
Peiteados e recollidos 266
Cosmética para peiteado 160
Peiteado e estilismo masculino 80
Formación e orientación laboral 107
Análise capilar 107
Módulos do segundo ano Horas
Márketing e venda en imaxe persoal 70
Coloración capilar 210
Técnicas de corte do cabelo 210
Cambios de forma permanente do cabelo 87
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación en centros de traballo 410

 

Persoas adultas

Estes estudios son modulares, polo que alumno se matriculará dos módulos (materias) que considere. Matriculándote do máximo de módulos posible cada ano, a duración para acabar estes estudios é de dous cursos académicos completos e dun trimestre máis para a realización do módulo de Formación en Centros de Traballo.

Como o alumnado pode matricularse de calquera módulos en calquera orde, o Departamento de Imaxe Persoal recomenda o seguinte itinerario:

Módulos do primeiro ano Horas
Estética de mans e pés 107
Imaxe corporal e hábitos saudables 133
Peiteados e recollidos 266
Cosmética para peiteado 160
Peiteado e estilismo masculino 80
Análise capilar 107

 

Módulos do segundo ano Horas
Márketing e venda en imaxe persoal 70
Coloración capilar 210
Técnicas de corte do cabelo 210
Cambios de forma permanente do cabelo 87
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación e orientación laboral 107

 

Módulos do terceiro ano Horas
Formación en centros de traballo 384

O departamento de Imaxe Persoal recomenda:

  • Para cursar Técnicas de corte do cabelo convén ter cursado:
    • Peiteados e recollidos
  • Para cursar Coloración capilar convén ter cursado:
    • Peiteados e recollidos

Se un alumno/a se matricula de módulos de primeiro e de segundo o mesmo ano (tendo en conta o itinerario proposto), é moi posible que se solapen en horario.

Máis información