Skip to main content

Ciclo Formativo Medio de Estética e Beleza

Título que se obtén

Técnico en Estética e Beleza

Réximes nos que se imparte

  • Ordinario:
    • Luns: 08:10 - 15:20; Martes a Venres: 08:10 - 14:30.
  • Persoas adultas: Neste réxime a matrícula é modular (por materias). A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida. O horario xeral é:
    • Luns, Martes, Mércores e Venres: 16:00 - 22:05; Xoves: 17:40 - 22:05

Saídas profesionais

A título de exemplo e con fins de orientación profesional enuméranse as ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñadas por este profesional:

  • Técnico/a esteticista en centros de beleza e gabinetes de estética.
  • Maquillador/ora.
  • Técnico/a en uñas artificiais.
  • Recepcionista en empresas estéticas.
  • Demostrador/ora de equipamentos, cosméticos e técnicas estéticas.
  • Axente comercial en empresas do sector.
  • Asesor/ora vendedor/ora en perfumarías e drogarías.

Duración

Este ciclo ten unha duración de 2000 horas.

Idiomas

  • O alumnado pode participar no Programa CUALE.
  • O alumnado pode solicitar o título noutros idiomas no marco Europass

En que réxime queres facer este ciclo?

Ordinaria

Módulos do primeiro ano Horas
Técnicas de hixiene facial e corporal. 186
Maquillaxe. 160
Estética de mans e pés. 107
Análise estética. 107
Imaxe corporal e hábitos saudables. 133
Cosmetoloxía para estética e beleza. 160
Formación e orientación laboral. 107
Módulos do segundo ano Horas
Depilación mecánica e descoloración da peluxe. 140
Técnicas de uñas artificiais. 105
Estética de mans e pés. 107
Actividades en cabina de estética. 157
Perfumaría e cosmética natural. 105
Márketing e venda en imaxe persoal. 70
Empresa e iniciativa emprendedora. 53
Formación en centros de traballo. 410

Persoas adultas

Estes estudios son modulares, polo que alumno se matriculará dos módulos (materias) que considere. Matriculándote do máximo de módulos posible cada ano, a duración para acabar estes estudios é de dous curso académicos completos e dun trimestre máis para a realización do módulo de Formación en Centros de Traballo.

 

Módulos do primeiro ano Horas
Técnicas de hixiene facial e corporal. 186
Maquillaxe. 160
Estética de mans e pés. 107
Análise estética. 107
Imaxe corporal e hábitos saudables. 133
Cosmetoloxía para estética e beleza. 160
Módulos do segundo ano Horas
Depilación mecánica e descoloración da peluxe. 140
Técnicas de uñas artificiais. 105
Estética de mans e pés. 107
Actividades en cabina de estética. 157
Perfumaría e cosmética natural. 105
Márketing e venda en imaxe persoal. 70
Empresa e iniciativa emprendedora. 53
Formación e orientación laboral. 107
Módulos do terceiro ano Horas
Formación en centros de traballo. 410

Máis información