Skip to main content

Ciclo Formativo Básico de Peiteado e Estética

Título que se obtén

Profesional Básico en Peiteado e Estética

Réximes nos que se imparte

  • Ordinario:
    • Luns: 09:00 a 14:30 e de 16:00 a 17:40; Martes, Mércores, Xoves e Venres: 09:00 a 14:30;

Saídas profesionais

Estas persoas exercen xeralmente a súa actividade por conta allea en salóns de peiteado e de beleza, en salas de peiteado e/ou estética, en ximnasios ou centros de beleza de hoteis, residencias de persoas maiores, hospitais e balnearios, baixo a supervisión de persoal técnico responsables. Tamén poden realizar de xeito autónomo servizos básicos de peiteado, manicura e pedicura, depilación e maquillaxe.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Auxiliar de peiteado.
  • Axudante/a de manicura e pedicura.
  • Axudante/a de maquillaxe.
  • Auxiliar de depilación.

Duración

Este ciclo ten unha duración de 2000 horas.

Consellos para facer este ciclo

Estes estudios teñen unha duración de 2 anos académicos, realizando no último trimestre do 2º ano prácticas en empresas por un total de 320 horas.

A lista de módulos (materias) é a seguinte:

Módulos do primeiro ano Horas
Ciencias aplicadas I 175
Comunicación e sociedade I 206
Preparación do contorno profesional 87
Depilación mecánica e descoloración da peluxe superflua 117
Lavado e cambios de forma do cabelo 175
Cambio de cor do cabelo 150

 

Módulos do segundo ano Horas
Comunicación e sociedade II 135
Atención á clientela 58
Ciencias aplicadas II 162
Coidados estéticos básicos de uñas 135
Maquillaxe 218
Formación en centros de traballo 320

 

Máis información