Probas de acceso a ciclos formativos 2024
No blog el orienta ies gonzalo torrente ballester está publicada a información sobre as probas de acceso 2024.
Prazo de presentación de solicitudes:
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024.
Orde do 21 de decembro de 2023
Nas seguintes ligazóns poderase consultar a información xeral e o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
Calendario das probas de acceso
Nas seguintes ligazóns poderase consultar a información xeral e o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional.