ADMISIÓN 2024-2025. Cursos nos que hai que baremar

 

Informamos que no proceso de admisión de alumnado para o curso 2024-2025 temos que baremar nos seguintes niveis:

 

2º ESO

 

As familias poderán presentar a documentación acreditativa dos criterios de admisión alegados na súa solicitude. De non facelo entenderase que renuncia á valoración correspondente.

O prazo de presentación da documentación para a baremación é entre o 21 de marzo e o 5 de abril de 2024 (ámbolos dous incluídos).

 

Probas específicas para acreditación das competencias dixitais do alumnado

  • Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24:

Ligazón á resolución

  • PDF resumo

 

 

  • Máis información:

https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado

PROCESO DE ADMISIÓN 2024-2025

 

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024/2025

Lémbrase que a admisión e a matriculación nun centro docente público implican respectar o proxecto educativo do mesmo.

 

Se queres consultar a normativa sobre o proceso de admisión preme AQUÍ 

Se queres consultar o manual para as familias preme AQUÍ  

Se queres acceder á aplicación informática do proceso de admisión preme AQUÍ  

 

RESERVA DE PRAZA. Desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro. 

Por parte do alumnado dos centros adscritos.

            Centros adscritos na ESO: CEIP Cabanas (Salcedo) / CEIP San Martiño (Salcedo) / CEIP A Carballeira (Lourizán)

 Centros adscritos no Bacharelato: CPR plurilingüe Sagrado Corazón de Praceres / CPI de O Toural

Este trámite debe facerse no centro de orixe, é dicir, no centro no que actualmente está matriculado o alumno/a, ou a través da aplicación admisionalumnado.

      Feita a reserva de praza, para renunciar á mesma a data límite é o 28 de febreiro (incluído).

CRITERIO COMPLEMENTARIO DO CENTRO. 

Informamos que o criterio complementario aprobado polo Consello Escolar do centro IES Gonzalo Torrente Ballester con data 29/01/2024 é  "residir en zona limítrofe á área de influencia do centro", acreditado mediante volante de convivencia ou certificado de empadroamento.

Pódese consultar o criterio complementario de centro AQUÍ.

 

ANUNCIO SORTEO PÚBLICO DO NÚMERO PARA RESOLVER OS EMPATES. Ver AQUÍ.

 Ver resultado sorteo AQUÍ.

ASIGNACIÓN PRAZAS RESERVADAS ALUMNADO CENTROS ADSCRITOS. 22 de febrero publicarase no taboleiro de anuncios do noso centro.Ver AQUÍ.    

 

VACANTES. Antes do 1 de marzo publicación dos postos vacantes no centro. Premer AQUÍ.

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN.Desde o 1 ao 20 de marzo, ambos inclusive. 

Por parte de alumnado que non pertence a un centro adscrito, que pertencendo a centro adscrito non reservara praza ou que se reincorpore ao sistema educativo. 

A solicitude será única. De ter presentadas máis de unha perderá os dereitos de prioridade que lle poidan corresponder, a non ser que renuncie á anterior indicándoo expresamente na nova solicitude. Poderanse pedir ata 6 centros por orden de preferencia e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. 

Presentarase:

 

Se quere acceder á aplicación informática do proceso de admisión prema AQUÍ  

Se quere consultar a zona de influencia do centro prema AQUÍ (A zona de influencia de bacharelato aínda non está actualizada pola Consellería).

Se quere coñecer os datos do centro, oferta educativa e demais servicios prema AQUÍ

Se quere consultar o manual para as familias prema AQUÍ  

Se quere consultar a normativa sobre o proceso de admisión prema AQUÍ

 

BAREMACIÓN.

Finalizado o prazo de entrega de solicitudes, e sempre que a demanda de prazas sexa superior á oferta de vacantes, será necesario baremar.

As familias poderán presentar, dentro dos 10 días hábiles seguintes ao fin de presentación de solicitudes (do 21 marzo ao 5 abril, ambos incluídos), a documentación acreditativa dos criterios de admisión alegados na súa solicitude. De non facelo entenderase que renuncia á valoración correspondente.

   

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN. Publicaranse o 25 de abril.

Aféctalle ao alumnado que presenta solicitude de admisión. 

Non se facilitará información telefonicamente sobre as listas, por mor da protección de datos. Para acceder á mesma deberá achegarse ao taboleiro do hall do centro ou ben a través da sede electrónica coa súa conta.

Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar do centro. Estas reclamacións entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación da listaxe definitiva.

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN. Publicaranse o 15 de maio.

Aféctalle ao alumnado que presenta solicitude de admisión.

Non se facilitará información telefonicamente sobre as listas, por mor da protección de datos. Para acceder á mesma deberá achegarse ao taboleiro do hall do centro ou ben a través da sede electrónica coa súa conta.

Poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación (do 16 maio ao 15 xuño).

 

MATRÍCULA. Entre o 23 de xuño e o 7 de xullo. Para todo o alumnado, sexa novo ou non, que quera cursar estudos no centro. 

 

Mapas da zona de influencia do noso centro

Poden consultar a zona de influencia do noso centro na ESO na seguinte ligazón:

Zona influencia ESO

 

Poden consultar a zona de influencia do noso centro no BACHARELATO o na seguinte ligazón:

Zona influencia Bacharelato

Probas de acceso a ciclos formativos 2024

No blog el orienta ies gonzalo torrente ballester está publicada a información  sobre as probas de acceso 2024.

Publicada a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).
 

Prazo de presentación de solicitudes:

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024.

Orde do 21 de decembro de 2023

Nas seguintes ligazóns poderase consultar a información xeral e o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.

Información xeral

Calendario das probas de acceso

Nas seguintes ligazóns poderase consultar a información xeral e o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional.

Información xeral

Calendario das probas de acceso

Concrección curricular - Curso 2023/2024

Poden consultar a concrección curricular do noso Centro para o curso 2023/2024 na seguinte ligazón.

Recollida Solidaria de Xoguetes - Nadal 2023

Coma todos os anos, comezamos a Recollida Solidaria de Xoguetes a prol da asociación Boa Vida - Inclusión Activa. Podedes facer as vosas aportacións ata o vindeiro 15 de decembro.

Lembrade que os xoguetes deben estar en bo estado e non deben ser sexistas nin bélicos.

   

Programacións didácticas de ESO e Bacharelato do curso 2023-204

Poden acceder ás programacións didácticas das materias de ESO e Bacharelato do curso 2023-2024 no seguinte curso da aula virtual no noso centro https://www.edu.xunta.gal/centros/iestorrenteballester/aulavirtual/course/view.php?id=1005 , premendo no botón "Iniciar sesión como invitado".

 

A data de hoxe poden atopar as programacións de 1º e 3º de ESO e 1º de Bacharelato. Estas programacións están entregadas á inspección educativa e pendentes de ser aprobadas por dito servizo de inspección polo que poderían sufrir algunha modificación.

As programacións de 2º e 4º de ESO e 2º de Bacharelato están en elaboración. Cando estas programacións estén completas e entregadas á inspección educativas publicaránse no memo curso da aula virtual.

 

Inicio das actividades lectivas curso 2023-2024

O comezo das actividades lectivas do curso 2023-2024 será o luns día 11 de setembro de 2023 co seguinte horario:

  • 8:30 - 9:20 - Presentación.
    • O alumnado de 1º de ESO e 2º de ESO acudirá ao Salón de Actos.
    • O alumnado de Ciclo formativo acudirá á súa aula.
    • O alumnado de 3º ESO - 4º ESO - 1º BAC e 2º BAC esperará no patio as instruccións para subir a súa aula.
  • 9:20 - 15:00 - Clases normais para todo o alumnado.

Ese día o servizo de transporte escolar funcionará con normalidade.

Bolsas para o alumnado con NEAE curso 23-24

Recordamos que o prazo para pedir as bolsas do alumnado remata o 20 de setembro de 2023.

Poden consultar toda a información necesaria nesta ligazón.

Publicación de listaxes definitivas de admitidos e excluídos fondo libros e material escolar

O día de hoxe publicáronse as listaxes definitivas de admitidos e excluídos tanto do vale de material (para todos os cursos de ESO) como do fondo solidario de libros de texto (para 3º e 4º de ESO). 

As familias implicadas poden consultar os datos tanto no taboleiro interior do centro como na aplicación fondolibros (neste último caso o acceso deberá facerse con DNI electrónico o certificado dixital válido).

 

Publicación de listaxes provisionals de admitidos e excluídos fondo libros e material escolar

O día de hoxe publicáronse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos tanto do vale de material (para todos os cursos de ESO) como do fondo solidario de libros de texto (para 3º e 4º de ESO). 

As familias implicadas poden consultar os datos tanto no taboleiro interior do centro como na aplicación fondolibros (neste último caso o acceso deberá facerse con DNI electrónico o certificado dixital válido).

O prazo de presentación de reclamacións é de dous días contados a partir do seguinte a esta publicación.

Materias por curso

Mostra dos sobres de matrícula onde figuran as materias de cada nivel educativo. Só teñen validez a título informativo. Os sobres de matrícula deberán recollerse na conserxaría do centro.

Entrega de boletíns de cualificacións

O prazo de reclamacións contra as calificacións finais é de dous días lectivos, ou de ser o caso hábiles, contados a partir do día seguinte da data de entrega de boletíns.

Relación de libros de texto para o curso 2023-2024

A listaxe de libros de texto para o curso 2023-2024 é a seguinte:

Distribuir contido