VIII Certame de Fotografía Matemática

Chegado o último trimestre do curso académico, o Departamento de Matemáticas do IES Gonzalo Torrente Ballester organiza o xa tradicional Concurso de Fotografía Matemática, o cal este ano ten como título "Series e Padróns".

Escaneando o código QR incluído no seguinte cartel, poderedes ler as bases do concurso.

Un ano máis, a entrega de fotografías realizarase a través dun formulario ao que accederedes empregando a vosa dirección de correo electrónico do dominio do instituto. Despois do cartel atoparedes outro código QR que vos levará directamente a ese cuestionario.

 

 

ACCESO AO FORMULARIO PARA A ENTREGA DE FOTOGRAFÍAS:

Proceso admisión curso 2022/2023

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2022/2023

 

Se queres acceder á aplicación informática do proceso de admisión preme AQUÍ

 

 

RESERVA DE PRAZA. Desde o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro.

 

Por parte do alumnado dos centros adscritos (CEIP Cabanas, CEIP San Martiño e CEIP A Carballeira) 

Farase: por medios telemáticos no enderezo http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou no centro de orixe.

 

VACANTESAntes do 1 de marzo publicación dos postos vacantes no centro. Ver vacantes

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN.Desde o 1 ao 21 de marzo, ambos inclusive.

  

Por parte de alumnado que non pertence a un centro adscrito ou que se reincorpore ao sistema educativo. 

A solicitude será única. De ter presentadas máis de unha perderá os dereitos de prioridade que lle poidan corresponder.

Presentarase: por medios telemáticos no enderezo http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou ben na secretaría do centro que se solicita en primeiro lugar.

  

BAREMACIÓN.Entre o 24 de marzo e o 6 de abril.

  

Cando a demanda de prazas sexa superior á oferta de vacantes, as familias poderán presentar a documentación acreditativa dos criterios de admisión alegados na súa solicitude. De non facelo entenderase que renuncia á valoración correspondente.

  

CRITERIO COMPLEMENTARIO DO CENTRO. Residir en zona limítrofe á area de influencia do centro (acreditado mediante volante histórico de convivencia)

  

 

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN. Publicaranse antes do 25 de abril.

 

Aféctalle ao alumnado que presenta solicitude de admisión. 

Non se facilitará información telefonicamente sobre as listas, por mor da protección de datos. Para acceder á mesma deberá achegarse á corticeira do hall do centro ou ben a través sede electrónica coa súa conta.

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN. Publicaranse antes do 15 de maio.

 

Aféctalle ao alumnado que presenta solicitude de admisión.

Non se facilitará información telefonicamente sobre as listas, por mor da protección de datos. Para acceder á mesma deberá achegarse á corticeira do hall do centro ou ben a través sede electrónica coa súa conta.

 

MATRÍCULA. Para todo o alumnado, sexa novo ou non, que quera cursar estudos no centro.

 

  • Matrícula ordinaria (Xuño/xullo)Entre o 25 de xuño e o 10 de xullo.

    Para o alumnado novo e o alumnado do centro.

     

 

 

Podes consultar a normativa sobre o proceso de admisión:

Concurso pilabot

A Xunta de Galicia xunto a Ecopilas, ERP e Ecolec, promoven a terceira edición desta campaña de recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles nos centros educativos de primaria e secundaria de Galicia.
Axúdanos a gañar un dos catro premios do Concurso Pilabot para mercar material escolar, deportivo ou para a realización de actividades educativas.
Podes facer as túas achegas no noso centro xa.
 

Publicación de candidaturas aos distintos sectores do Consello Escolar

Informámoslles que na sesión da Xunta Electoral do centro celebrada con data de 17 de novembro, esta procedeu a:

  • Proclamación das candidaturas presentadas polos distintos sectores segundo se indica seguidamente:


SECTOR DE NAIS, PAIS E TITORES/AS LEGAIS DO ALUMNADO

1.- D./Dª Pablo Ramos Tetilla      

SECTOR DO ALUMNADO

1.- D./Dª Elena Garnelo González 

  • Aprobación e publicación definitiva dos distintos censos electorais que poden consultar no taboleiro de anuncios do centro.

  • Designación mediante sorteo dos catro membros, tanto titulares como suplentes, que formarán parte das mesas electorais correspondentes.

Aportación complementaria para a adquisición de máscaras para o alumnado

A Consellería de Educación vén de publicar a Orde do 28 de outubro de 2021 (DOG n° 218 do 12 de novembro) que anuncia unha aportación complementaria aos centros para a adquisición de máscaras para o alumnado.
As devanditas máscaras distribuiranse entre o alumnado pertencente a familias cuxa renta per cápita non supere o limiar dos 6000 €.
Asignaranse directamente ao alumnado beneficiario de axudas para material escolar (cheque 50 €).
Con todo, tamén pode recibilas o resto do alumnado que non foi beneficiario destas axudas por diferentes circunstancias, sempre que reúna o requisito e presente a solicitude presencialmente no centro antes do 26 de novembro de 2021.

Presentación de candidaturas ás eleccións ao Consello Escolar 2021-2022

Informamos que o vindeiro martes 9 de novembro ábrese o prazo para presentar as candidaturas polos distintos sectores ás eleccións ao Consello Escolar do IES Gonzalo Torrente Ballester. Dito prazo rematará o martes 16 de novembro.

Podedes cubrir o formulario de presentación de candidaturas:

  • Premendo nesta ligazón.
  • Descargando o arquivo adxunto.
  • Solicitándoo nas oficinas de administración do centro.

Dito formulario poderá presentarse ata o martes 16 de novembro na administración do instituto.

Animámosvos a participar no órgano colexiado máis importante do centro.

COMUNICACIÓN DA DATA E HORA DO SORTEO PÚBLICO PARA A DESIGNACIÓN DA XUNTA ELECTORAL PARA AS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Informámoslles que o vindeiro venres 29 de outubro de 2021 ás 10:00 vaise realizar o sorteo público para a designación dos integrantes da Xunta Electoral para as eleccións ao Consello Escolar do IES Gonzalo Torrente Ballester.

Timbre musical

Xa podedes acceder ao formulario para solicitar as vosas cancións para o timbre musical do instituto. Podedes acceder premendo na imaxe, entrando como convidados na Aula virtual e ir ao curso Alumnado que se atopa na categoría Organización e funcionamento de centro ou na páxina web do instituto.
Agardamos as vosas suxestións!

Listaxe definitiva do Fondo Solidario de Libros de Texto

Informámoslles que xa está á súa disposición a listaxe definitiva do Fondo Solidario de Libros de Texto, que poden consultar na apliación Fondolibros, no taboleiro do centro ou chamando ao 886159156.

Ademáis, a partir de mañán, xoves 16 de setembro, poderán recoller os vales de axuda para a adquisición de material.

Distribuir contido