Recordatorio das bolsas do MECD para a realización de estudos postobrigatorios

Recordamos que está aberto o prazo para solicitar as bolsas do MECD para cursar no ano académico 2024-2025 .As persoas que poden solicitar esta axuda económica do Ministerio son tanto para  estudos universitarios como non universitarios ( bacharelato, ciclos de Formación Profesional , estudos universitarios).

Ata o 10/05/2024 ás 15:00 horas, pódense solicitar as axudas e bolsas ao estudo de niveis postobrigatorios, as cuales serán outorgadas a aquelas persoas que cumpran cos requisitos establecidos.

Non é necesario coñecer os estudos que se van a cursar o ano que vén nin onde se vai a vivir xa que estes datos poderán ser modificados ou engadidos nun prazo posterior que abre en setembro de 2024.

Unha vez solicitada, é recomendable estar pendente do correo para comprobar se hai algunha notificación do Ministerio.

As bolsas tramítanse on line a través  do enlace

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar.html