Orientación, Ofertas de traballo, Cursos de formación

FP EMPRESA

Servicios para los ALUMN@S O TITULAD@S EN FP.http://www.fpempresa.com/Servicios

(10/05/2013) Probas de acceso grao superior. Listaxe provisional de cualificacións

enlace: www.edu.xunta.es/fp

Listaxe provisoria
Poderanse presentar reclamacións contra a cualificación provisoria desde o día 13 ao 15 de maio, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

Información xeral das probas de acceso a grao superior

Modelo de reclamación ás cualificacións das probas de acceso a grao superior

Visita ó IES de Montecelo

Hai uns días un grupo de alumnos do instituto visitou o IES de Montecelo, co fin de coñecer os títulos de PCPI que alí se ofrecen e as instalacións onde se imparten. Aquí queda unha imaxe desta actividade.

EMPREGO NA REDE

Aplicacións para afrontar a busca de emprego:
http://buscar-emprego-a-través-de-smartphone

Busca de emprego no estranxeiro:http://40-paginas-y-grupos-de-facebook-para-trabajar-por-el-mundo
Enderezos útiles en España:
http://direcciones-de-empleo-por-comunidades-autonomas
Perfeccionar o perfil de Linkedin
http://configurar-linkedin-cuando-estas-buscando-trabajo

Premios extraordinarios de Bacharelato 2013

 


Prazo de presentación de solicitudes ata o día 7 de xuño de 2013

 

O alumnado poderá presentar a solicitude ata o día 7 de xuño de 2013, tal como establece o artigo 4 da Orde do 22 de abril de 2013 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2012/2013.

Orde do 22 de abril de 2013 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2012-2013 (DOG do 30).
Anexo I

MODELOS:Probas dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2006-07, 2007-08, 2008-09 , 2009-102010-11 e 2011_12.

ENLACE: www.edu.xunta.es

Características dos premios:
- Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.

- Cada premio estará dotado con 1.000 €

Estes premios extraordinarios de bacharelato son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de bacharelato.

Requisitos de participación:
1. Poderá optar ao premio extraordinario de bacharelato o alumnado que cumpra os
seguintes requisitos:
a) Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2012-2013 nun centro docente da
Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.
b) Ter obtido unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos.
2. Para obter a nota media computaranse exclusivamente as cualificacións obtidas nas
materias comúns, propias de modalidade e optativas dos dous cursos de bacharelato.
Non computará na obtención da nota media a cualificación da materia de relixión.

 

ACCESO ÁS ENSINANZAS ARTISTICAS 2013

Ven, 10/05/2013 - 08:45

Convocadas as probas de acceso para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente, e fagan dezanove anos no ano 2013, ás ensinanzas artísticas superiores de Música, Arte Dramática, Deseño e Conservación e Restauración de Bens Culturais, para o curso 2013/14.

Xúntase a Resolución do 25 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel.

A inscrición para realizar a proba realizarase na secretaría dos seguintes centros educativos entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o día 30 de maio, ambos inclusive:

  • Conservatorio Superior de Música da Coruña.
  • Conservatorio Superior de Música de Vigo.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
  • Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
  • Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

SEDE DAS PROBAS DE ACCESO A GRAO MEDIO 2013

Publicada a listaxe das sedes de realización das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio así como as instrucións para a realización das mesmas.

Data de celebración
As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio, convocadas mediante a resolución do 10 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Educación, FormaciónProfesional e Innovación Educativa (DOG do 21 de xaneiro), terán lugar o día 23 de maiode 2013.
Lugar de celebración
Os lugares de celebración das probas de acceso a grao medio están publicados nos taboleiros dos centros de inscri-
ción e na páxina webhttp://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual,no apartado “Acceso aos lugares e sedes de realizacióndas probas”.
A sede que correponde co lugar de celebración da proba daquelas persoas solicitantes en el IES Gonzalo Torrente Ballester é o IES Frei Martín Sarmiento.

Probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior

 

ORDE do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

DOGA  ,martes, 16 de abril de 2013.

 

As probas que se regulan nesta orde teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren que alcanzaron os obxectivos establecidos na citada Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

 

A oferta de probas libres estará vinculada á oferta existente nos centros públicos no réxime ordinario, no réxime para as persoas adultas na modalidade presencial e no réxime para as persoas adultas na modalidade a distancia.

Poderán ser obxecto de avaliación na devandita convocatoria todos os módulos profesionais dos ciclos formativos autorizados, agás os módulos profesionais de formación en centros de traballo (FCT) e de proxecto.

En cada convocatoria, as persoas solicitantes só poderán ser admitidas e matriculadas nun único centro en módulos profesionais dun mesmo ciclo formativo e nun único grupo vinculado á oferta existente no centro de réxime e modalidade correspondente.

As probas realizaranse no mes de xuño.

Con carácter xeral, os centros públicos a que se refire o artigo 3 desta orde convocarán dez prazas por cada un dos grupos autorizados que conformen a oferta de cada módulo profesional do ciclo formativo obxecto de proba libre.

Requisitos das persoas solicitantes:

Algunha das condicións de acceso a que se refire o artigo 36 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, e ademais:

– Ter dezaoito anos, para os títulos de técnico.

– Ter vinte anos, para os títulos de técnico superior, ou dezanove anos no caso de posuír xa o título de técnico.

Malia o anterior, coa finalidade de facilitar a formación permanente, a integración social e a inclusión de persoas e de grupos desfavorecidos no mercado de traballo, se houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión a que se refire artigo 10, poderán acceder á realización das probas dos módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais as persoas adultas que, sen cumprir as condicións de acceso, teñan acreditada unha experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.

Prazo de presentación de solicitudes

Con carácter xeral, o prazo de presentación de solicitudes será durante os derradeiros dez días hábiles do mes de abril.

Presentarán unha única instancia, segundo o modelo do anexo I, que entregarán no centro onde se imparta o ciclo formativo solicitado.

En caso de existiren máis solicitudes que prazas ofrecidas para cada ciclo formativo, o baremo que se aplicará para seleccionar as persoas solicitantes.

 

Os centros educativos, logo de analizar a documentación presentada, farán pública a relación provisional de persoas solicitantes no taboleiro de anuncios, ordenada alfabeticamente, con indicación da puntuación conseguida, no prazo máximo de tres días hábiles desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Esta publicación realizarase, así mesmo, na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es/fp.

As persoas que superen módulos profesionais a través das probas libres terán dereito a que se lles expida un certificado académico dos módulos profesionais superados, o cal terá, ademais dos efectos académicos, efectos de acreditación parcial acumulable das competencias profesionais adquiridas en relación co Sistema nacional de cualificacións e formación profesional, de acordo co establecido no artigo 43.4 da Orde do 12 de xullo de 2011.

SEDE DAS PROBAS DE ACCESO A GRAO SUPERIOR 2013

Os solicitantes que deixaron a súa solicitude no IES Gonzalo Torrente Ballester para a realización das probas de acceso a grao superior 2013, teñen asignada como sede de realización das probas o IES Frei Martín Sarmiento.

Probas de clasificación, certificación e promoción.ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE PONTEVEDRA

Probas de certificación 2013

PROBAS DE CERTIFICACIÓN

Quen pode presentarse

Todas as persoas que quixeren, incluído o profesorado asistente aos cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC) no ano lectivo 2012-13;  non pode presentarse pola modalidade libre o alumnado xa matriculado no mesmo curso e nivel na modalidade oficial.

Non é preciso ter aprobado o exame de certificación dun nivel inferior para poder matricularse e presentarse a un superior.

 

Organización das probas

Estas probas de certificación son comúns para todas as modalidades e réximes de ensinanza en cada EOI e permiten o acceso directo ás ensinanzas do nivel inmediatamente superior.

  • O calendario de xuño (convocatoria ordinaria) e setembro (convocatoria extraordinaria) para as probas escritas (comprensión escrita, comprensión oral, expresión escrita) é único para todas as EOI de Galicia.
  • O calendario para as probas de expresión oral é fixado por cada Escola, podendo ter lugar antes ou despois das probas escritas. O calendario definitivo das probas orais e as diferentes convocatorias por linguas será publicado, alén de nos taboleiros da Escola, nesta categoría desta mesma páxina web.

Por último, recomendamos ao alumnado candidato consultar os modelos de exames de anos anteriores. 

http://www.edu.xunta.gal/centros/eoipontevedra/probas

 

Francés - nivel básico 3 de xuño.16:00 h
Francés - nivel intermedio 7 de xuño.16:00 h
Francés - nivel avanzado 18 de xuño16:00 h
Inglés - nivel básico 17 de xuño.16:00 h
Inglés - nivel intermedio 10 de xuño16:00 h.
Inglés - nivel avanzado 4 de xuño.16:00 h
Inglés - nivel C1 20 de xuño.10:00 h
As probas de expresión e interacción oralserán fixadas por cada EOI. Estas datas deberán facerse
públicas por cada EOI cando menos cunha semana de antelacióncon respecto á de realización da
proba.Poderán realizarse antes ou despois das probas escritas.
Nas datas das probas de acceso á universidade (12, 13 e 14 de xuño) só se inclúe aparte escrita de
español para estranxeiros, e, na medida do posible, as escolas nonfixarán probas orais das restantes
linguas nestas datas.

PONTE NA REDE: EMPREGO

Aplicaciónde balde que axuda a atopar emprego usando Twuiter:
http://software-el-cazador-de-ofertas-en-twitter/
Como usar internet de xeito eficaz na busca de emprego?
http://dondehaytrabajo.com
Consellos interesantes para xestionar adecuadamente a nosa presencia na rede
http://gestionar-presencia-en-redes-sociales
Cómo escribir un correo electrónico para solicitar empleo
http://como-escribir-un-correo-electronico-para-solicitar-empleo
Que buscan as empresas nos/as candidatos/as?
http://competencias-máis-valoradas-nas-empresas
Un correo electrónico de solicitude de emprego, xunto cunha carta de presentación oficial e un CV, é un reflexo da competencia dun/a buscador/a de traballo,a profesionalidade e experiencia.Como escribilo?
http://como-escribir-un-correo-electronico-para-solicitar-empleo

ROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS NAS CONVOCATORIAS DE MAIO E SETEMBRO DE 2013

Convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia
Os prazos de matrícula serán:
.- Para a convocatoria de maio (exame o 31 de maio): do 2 ao 15 de abril, ambos os dous incluidos.
.-Para a convocatoria de setembro (exame o 12 de setembro): do 1 ao 8 de xullo, ambos os dous incluidos.
Máis información:www.edu.xunta.es

ORDE do 21 de marzo de 2013 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2013 e se procede

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, leva a cabo a promoción e organización de actividades cun claro compoñente de educación non formal destinadas á xuventude no ámbito do lecer e o tempo libre.

Asumidas as competencias neste eido polo Decreto 146/1982, do 1 de decembro, a Consellería de Traballo e Benestar inclúe entre os seus obxectivos o de favorecer a participación da xuventude en actividades deste tipo, e para iso convoca, unha vez máis, a Campaña de verán 2013.

A participación na oferta da Campaña de verán 2013 realizarase a través de inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás). As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:

a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.

b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.

c) Manutención en réxime de pensión completa.

d) O material necesario para a actividade.

e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso.

f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

g) Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.

2. A incorporación aos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada o día de inicio da quenda correspondente, entre as 16.00 e as 19.00 horas. Non se admitirá ningún/ningunha participante despois deste límite.

Nas actividades que se leven a cabo noutras comunidades autónomas, será por conta da persoa interesada o traslado desde o seu domicilio ata Santiago de Compostela, ou o lugar que se sinale como punto de saída, tanto o día de ida para a actividade como o día de chegada desta.

No suposto de abandono da actividade ou expulsión do/a participante, será responsabilidade dos pais/nais ou titores/as legais o traslado para o regreso ao seu domicilio, así como os gastos que se ocasionen.

Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria os/as mozos/as nacidos/as no ano sinalado no anexo I para cada actividade.

2. En canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2013, cómpre destacar o seguinte:

– Os/as nacidos/as no ano 1995 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.

– Os/as nacidos/as no ano 2004 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.

3. O incumprimento destas normas dará lugar á non admisión da solicitude.

Presentación de solicitudes.

A presentación da solicitude poderá facerse, a elección do/a solicitante, por vía electrónica ou por vía escrita:

a) Vía electrónica:https://sede.xunta.es.

b) Vía escrita:Se a solicitude se presenta por correo, será necesaria a súa presentación en sobre aberto para que na oficina de Correos correspondente se faga constar o selo e a data antes de proceder ao seu envío postal.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.DOG Núm. 63 Martes, 2 de abril de 2013.

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2013

http://www.edu.xunta.es/axudasle

Destinatarios:Alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, na Comunidade Autónoma Galega, de:- 1º, 2º, 3º e 4º ESO.- 1º e 2º Bacharelato.

- Ciclos formativos de grao superior con módulo de lingua estranxeira.

Requisitos:

- Non ter concedida outra axuda para o mesmo fin neste curso nin estar incurso/a nalgunha prohibición para a subvención.

- Nota mínima na área, módulo ou materia de lingua estranxeira de Ben ou 6 no curso 2011/2012.

- Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2011/2012.

- Ter DNI, NIE, pasaporte, visado ou tarxeta de residencia en vigor, segundo corresponda. Exento o alumnado menor de 14 anos.

 

Prazo aberto do 23 de marzo ata o 22 de abril (ambos incluídos)

Becas 2013 para un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés, en España, destinadas a estudantes becarios de Bacharela

Becas  2013 para un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés, en España, destinadas a estudantes becarios de Bacharelato, Ciclos Formativos de Grado Medio e Idiomas.

Datos xenerais:

  • Descrición:Os beneficiarios asistirán a un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés de unha semana de duración, en distintos puntos de España, convivindo e realizando actividades en réxime de internado con persoal angloparlante nativo de países de lingua inglesa.
  • Destinatarios:Alumnos becarios, que cumpran os requisitos establecidos.
  • Requisitos:

• Haber nacido entre o 1 de xaneiro de 1993  e o 31 de decembro de 1996
• Ter a condición de becario da convocatoria xeneral de becas do Mº de Educación, Cultura e Deporte conforme á Resolución de 2 de agosto de 2012 da  Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se convocan becas e axudas ao estudo con carácter xeneral e de mobilidade, para alumnado que curse estudos postobrigatorios e superiores non universitarios para o curso 2012/2013
• Estar matriculado no curso 2012/2013 no:

  •  
    • Bacharelato
    • Ensinanzas profesionais de música e danza
    • Grao medio de Formación Profesional
    • Grao medio de artes plásticas e deseño
    • Grao medio de ensinanzas deportivas
    • Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio o avanzado

• Ter aprobado totalmente o curso inmediatamente anterior e  haber obtido en dito curso unha nota final mínima de 7,00 puntos na materia de inglés.
• Terán preferencia os solicitantes que obtiveran unha puntuación superior.

  • Dotación:A axuda cubre todos os gastos de ensinanza. Material, manutención e aloxamento, aínda que o alumno seleccionado deberá aboar á empresa  100 €.
  • Prazo de presentación
    • Desde: 20 de febreiro de 2013
    • Ata: 14 de marzo de 2013
  • ¿Cómo realizalo?:A través da páxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte mediante formulario on-line.

Solicitude: Máis información sobre este trámite ou servizo::http://www.educacion.gob.es/consultas-informacion/Teléfono:91 327 76 81

  • Documentación requirida:

Certificación do secretario do centro donde cursara os estudos , nos que figure que o solicitante cumpre os requisitos académicos. O modelo de certificación obtense ao presentar a solicitude. Neste documento  consta o número de fax á que enviarase.

  • Lugar de entrega:A solicitude se presentará polo procedemento telemático establecido a través da Sede Electrónica do Ministerio de Educación Cultura e Deporte.

Programa Xuventude Emprende

Dende a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, puxemos en marcha este ano unha xornada formativa "Xuventude Emprende" dirixida a todos aqueles rapaces e rapazas que estean a cursar 1º e 2º de Bacharelato, ou ciclos medios formativos.

O programa Xuventude Emprende, terá lugar os días 25, 26 e 27 de marzo no Albergue Xuvenil de Gandarío (A Coruña). Son unhas xornadas formativas de balde nas que se inclúe o aloxamento e formación, durante os cales os/as mozos/as desenvolverán competencias emprendedoras como: o traballo en equipo, a iniciativa empresarial, a comunicación interpersoal e a xestión da diversidade, entre outras.

Tamén haberá espazo para as actividades lúdicas e de tempo libre. A inscrición neste programa está planificada para que sexan as propias persoas mozas que participan as que se inscriban dende a páxina web da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado www.xuventude.net, no enlace:

http://xuventude.xunta.es/201302269864/xornadas-educativas-xuventudeempr....

CONOCATORIA 2013:PROBAS PARA OBTER O TÍTULO ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Educación,
Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Condicións das persoas aspirantes
Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria ou de calquera outro declarado equivalente para efectos académicos.
3. Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria
obrigatoria establecidas no artigo 7, punto 5º da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008).

4. Non estaren matriculadas de forma oficial nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria, na educación secundaria para persoas adultas ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial.

Prazos de matrícula

- Convocatoria de maio: 2 ao 15 de abril, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo, ambos os dous incluídos.
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

LUGAR

Pontevedra:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra L: Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, s/n.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra M e a letra Z: IES Sánchez Cantón, avenida Raíña Victoria.

 

Realización das probas
1. As probas realizanse en sesións de mañá e tarde os días 31 de maio e 12 de setembro para as respectivas convocatorias.

A sesión da mañá terá dúas partes: na primeira, das 9.30 ás 12.30 horas, realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das Materias de Matemáticas,Ciencias da Natureza e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo da Educación Física.
Na segunda parte, de 12.30 horas ás 14.00 horas, realizarase a proba do ámbito social,que inclúe exercicios das materias de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Educación para a Cidadanía e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual, e Música.
Na sesión da tarde, das 16.00 ás 19.45 horas, realizaranse as probas do ámbito da comunicación. Comprenderán os exercicios de:
a) Lingua Galega e Literatura.
a.1) Exercicio de redacción. O tribunal elixirá un tema de actualidade para llelo propor ás persoas aspirantes. Na valoración da redacción, terase en conta o xeito de estruturar os datos e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, o dominio da ortografía e a presentación do escrito.
a.2) Cuestións de lingua galega e literatura.
b) Lingua Castelá e Literatura.
b.1) Exercicio de redacción. Realizarase conforme o disposto no punto a.1) para a Lingua Galega e Literatura.

b.2) Cuestións de Lingua Castelá e Literatura.
c) Lingua estranxeira (Inglés ou Francés).

DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2013.

O MERCADO LABORAL EN ALEMAÑA

O Centro de Desenvolvemento Local de Mos, realizará un curso os días 8 e 9 de febreiro de 2013, destinado ás personas que teñen interese no mercado laboral en Alemaña.Recoméndase levar C.V redactado en alemán.O prezo do curso é de 15 euros.Inscrición no teléfono: 986487786.Prazo de inscrición ata o 5 de febreiro de 2013.www.uned.es/ca-ourense.

translate.google.es/?hl=es (Tradutor google)

Distribuir contido