Skip to Content

Presentación

Presentación IES Valadares

O IES Valadares conta cuns 550 alumnos/as e 52 profesores/as. Ten unha zona de influencia ampla que se estende a cinco parroquias da periferia de Vigo: Matamá, Zamáns, Valadares, Castrelos e Navia; cos seus respectivos colexios adscritos. As características da nosa contorna obríganos a estar especialmente atentos ás necesidades específicas do noso alumnado e a súa especificidade social, familiar e cultural, en estreita colaboración con outros organismos e entidades. O noso centro ten así unhas claras sinais de identidade que marcan a nosa proposta educativa.

 

A nosa aposta

Montaxe de fotos do IES Valadares

A comunidade educativa do IES Valadares caracterízase polo seu afán de mellorar a calidade educativa. Inclusión, innovación e excelencia son os piares do centro. Acadar unha educación de calidade mediante metodoloxías activas conseguindo que todo o alumnado chegue ao seu maior desenvolvemento persoal e académico é o noso reto. O DUA, Deseño Universal para a Aprendizaxe, é unha guía para todo o centro e polo tanto intentamos motivar ao alumnado coa intención de que traballe para acadar os maiores logros.

Dende o IES Valadares partimos así dos obxectivos pedagóxicos recollidos no Proxecto Educativo: educar na igualdade, favorecer o afán de superación do alumnado, desenvolver a súa capacidade de observación, reflexión e espírito crítico, fomentar o traballo en equipo… Fixemos unha forte aposta pola excelencia coa implantación de dúas modalidades de bacharelato dende o curso pasado, Artes e Ciencias-Tecnolóxico, así como o Bacharelato de Excelencia en Ciencia e Tecnoloxía (STEMbach). Programas como o Club de Ciencias, Robótica, Club de Mates avanzadas, contratos programa dirixidos á excelencia, Semana das Ciencias e das Letras, concursos tecnolóxicos e demais son fortes apostas do centro.

Unha constante transformación experimentada nos últimos anos porque na sociedade actual, que está en constante transformación, requírense centros educativos dinámicos, que respondan ás novas necesidades xeradas.

Distribuir contido


by Dr. Radut