1ºBAC
Información sobre as becas para estudos non universitarios concedidas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, para alumnado que se matricule en 1º e 2º de bacharelato ou en Formación Profesional de grao medio ou superior.
O prazo de solicitude remata o 3 de outubro
Ir á web do ministerio para consultar toda a información
Ligazón á sede electrónica para solicitude en liña
Hoxe tivemos a sorte de contar con María Victoria Otero Espinar, profesora do Departamento de Análise Matemática da Facultade de Matemáticas da USC, para entregar os diplomas as gañadoras do Premio que leva o seu nome. O premio foi para o traballo titulado "Estudo de habitos saudables entre o alumnado do IES Xulián Magariños", presentado baixo o pseudónimo de Equipo NASA foi elaborado polas alumnas:
• Dª. Alba García Mato
• Dª. Soraya Lorenzo Touceda
• Dª. Alicia Fernández Casas
• Dª. Nerea Leis Piñeiro
Concedeuse ademáis un accésit ao traballo titulado "Spirularia, un caso de biomimética no Val de Barcala" realizado por
• Dª. Alba Espasandín Vázquez, 4º ESO B
• Dª María Mosquera Mouro, 4º ESO A
Parabéns e o noso agradecemento a todos/as participantes.
A vicedirectora, Clara Rodríguez entrégolle unha chave cos traballos premiados. Moitas grazas por todo en nome da Comunidade Educativa.
AQUÍ PODEDES CONSULTAR O TRABALLO GAÑADOR, que seguro será do voso interese.
Un equipo formado por alumnado do ano 2217 realiza unha investigación sobre a historia da última, e talvez a derradeira, Gran Reforma Educativa.
Do 24 ao 27 de maio alumnado de 1º de Bacharelato está a disfrutar dunha viaxe didáctica a Dublín (Irlanda) acompañado polos profesores Amancio Liñares e Kety Lois. Coma sempre, podedes ver as fotos no facebook do instituto.
El Correo Gallego adica unha páxina aos éxitos do IES Xulián Magariños nas competicións de debate onde participa o noso alumnado
Por segundo ano consecutivo o noso centro resultou o brillante vencedor do Club de Debate 2017 na final celebrada, o pasado sábado 6 de maio, no Centro Sociocultural de Santa Marta, en Santiago de Compostela. O tema da final foi "O futuro da lingua depende da mocidade", tese que tiveron que defender a prol (fronte ao IES Leixa, de Ferrol) e en contra (fronte ao IES Luís Seoane).
O equipo estaba formado por: Raúl Cobas Campos e Cristina Campos Castro (de 3º ESO); Alba Espasandín Vázquez, María Lema Barca, Jonathan Blanco Vieites e David Vigo Pena (de 4º ESO); e José Caamaño Noya, Alejandro Rodríguez Becerra, Alba García Mato, Candela Fernández Carballo e Fátima Fathallah Ezzine (de 1º de Bacharelato). A coordinadora do equipo foi María Blanco Crespo, do Departamento de Lingua e literatura Galega.
Parabéns para todo o equipo polo seu esforzo e traballo, así como pola súa actitude humilde e respectuosa durante toda a xornada. Sentimos moito orgullo por este premio. Felicitacións tamén aos demais equipos participantes polo alto nivel demostrado ao longo da competición.