2ºBAC
Acaba de ser publicada a Orde de Convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de grao Medio e Superior.
Tedes toda a información nesta ligazón, na web da Consellería
O prazo de presentación de solicitudes é do 28 de xaneiro ao 8 de febreiro para Cicli Superior e do 7 ao 22 de marzo para ciclo Medio
Enma Mayo nos falará do día a día dunha persoa con discapacidade. Con motivo do Día internacional das persoas con discapacidade é necesario dar a coñecer o Deseño Inclusivo.
Para alumnado de bacharelato e ciclos formativos.
Guía de deseño universal da Fundación ONCE
(por motivos alleos ao centro esta actividade queda aprazada temporalmente)
Hoxe, durante o acto de inauguración do curso 18/19, presentouse o IX Premio de investigación do IES Xulián Magariños, este ano amadrinado por Dna. Pilar Bermejo Barrera, decana da facultade de Química da USC.
Este premio, dotado con 300 €, está destinado a alumnado do IES Xulián Magariños que estea cursando 4º ESO, Bacharelato ou ciclos formativos medio e superior. O prazo de entrega dos traballos rematará o 1 de maio de 2019.
Podedes consultar as bases no seguinte enlace.
Acto de inauguración do curso 20198-2019 coa presentación do IX premio de investigación científica e conferencia de Dna. Pilar Bermejo, decana da facultade de Química da USC titulada "metales y vida". Interesantísimo descubrir como dependendo da concentración e enlace químico, determinados metais e semimetais (Arsénico, selenio, mercurio etc. poden ser elementos esenciais para a vida ou presentar elevada toxicidade).
O departamento de Informática, en colaboración coa Asociación GHANDALF organiza 2 charlas divulgativas sobre software libre o vindeiro martes 2 de outubro. A primeira, dirixida a alumnado de 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato de perfil técnico terá lugar as 13:35 no salón de actos. Pola tarde terá lugar a segunda charla, para alumnado de ciclo medio e superior de Informática, de 16:20 a 18:00 horas.
Achegamos os modelos de impreso de solicitude de matrícula para o curso 2018/2019 onde se poden consultar as materias ofertadas e posibles itinerarios académicos.
IMPRESOS
O xoves, día 24 de maio, celebramos un emotivo acto de graduación (1ª vez que o facemos), para despedir ao noso alumnado de 2º BACH. Tivo lugar no salón de actos (que encheuse completamente) estando invitadas as familias e todo o profesorado. Fixo a presentación o director do centro, Adelino José Pose Reino, a continuación a titora, María Rey Rey e a xefa de estudos, María Branco Crespo tomaron a palabra en nome do profesorado e para finalizar interviñeron Fátima Fathallah Ezzine e José Caamaño Noya que deron a réplica por parte do alumnado. Como presentadora a vicedirectora, Clara Rodríguez Núñez e tamén estivo na mesa de presidencia o titor Paulo Rendo Martínez. No trancurso do acto fíxose entrega de diplomas ao alumnado e proxectouse un vídeo sobre a súa estancia no instituto. A destacar as fermosas actuacións musicais de Lara López Súarez acompañada na guitarra por Samuel Lema Capeáns e a de Jonathan Blanco Vieites coa que finalizou o acto. Moita sorte na vosa nova etapa.
Próximamente teredes á vosa disposición as fotos do acto e tamén o vídeo en XeMa.TV.