Skip to Content

Curso 13-14

Camiño de Santiago

O IES A Xunqueira II, organizou o 9 e 10 de maio para uns 40 alumnos e docentes, a actividade do Camiño a Santiago en colaboración coa escola de tempo libre e animación sociocultural Don Bosco de Santiago de Compostela. Ámbolos dous centros educativos son membros participantes no proxecto Comenius-Regio, dentro do programa europeo “Through culture to the common future”, xunto ao CEIP Froebel e o departamentos de proxectos europeos da propia Consellería de Cultura e Educación.

Tamén participaron algúns alumnos do IES A Guía de Vigo, membros do grupo Guía de Favores.

Todas as actividades educativas previstas se desenvolveron brillantemente entre música, fermosas paisaxes, dinámicas interactivas e outros saborosos ingredientes que deixaron nos participantes moitas gañas de repetir as experiencias vividas nos camiños da nosa terra.

Olga López Míguez, coordinadora da actividade dentro do proxecto europeo do IES A Xunqueira II.

Actividade extraescolar: Camiño a Santiago, días 9 e 10 de maio de 2014

O IES A Xunqueira II, dentro do programa europeo Comenius-Regio  “Through culture to the common future”, organiza a actividade do Camiño a Santiago conforme ao seguinte:

  • Esta actividade está destinada ao alumnado de 2º, 3º, 4º da ESO e 1º de bacharelato.
    • Se queres acceder á folla de reserva, preme aquí.
  • Desenvolvemento:
    • Autobús Pontevedra-Padrón. Ás 8:30h. no centro faremos as dinámicas previas.
    • Ruta de senderismo dende a igrexa do Apóstolo en Padrón até Santiago de Compostela.
    • Aloxamento, manutención e actividades organizadas pola escola de tempo libre e animación sociocultural Don Bosco, coma membro participante no proxecto Comenius-Regio.
    • Autobús de volta de Santiago, partindo ás 19:30h. Aproximadamente.
  • Actividades previstas:
    • Convivencia, sendeirismo e actividades de amizade.
    • Celebración Xove do Perdón (O banquete da misericordia) na noite do venres.
    • Eucaristía do Peregrino na Catedral o sábado ás 12,00 h, como marca a tradición.
    • Actividade Living history (percorrido polo casco histórico de Compostela con GPS) e animación sociocultural.
  • Custo --> 33€. (Inclúe: transporte de ida e volta, vehículo de apoio, primeiros auxilios, manutención completa (cea, almorzo e comida; aloxamento en pavillón/liteiras con servizo de aseo) e tódalas actividades previstas.
  • Observacións --> O peregrino debe levar a comida do primeiro día nunha pequena mochila.  A mochila pesada (coa roupa, aseo, saco de durmir, esterilla …) irá no autobús de acompañamento. Unha vez confirmadas as persoas asistentes indicarémoste a relación do que se necesita para o camiño.
  • Prazos --> Até o 28 de abril. (Non se devolverán os cartos agás enfermidade xustificada.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut