Skip to Content

Crear un foro

Quero crear un foro na páxina web do centro que teño que facer?

Como crear un foro

Na ruta

http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/node/326

ten unha descripción detallada de como crear un foro.

Seguín os pasos que veñen

Seguín os pasos que veñen na ligazón http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/node/326 e teño varios problemas: Cando entro na páxina como administrador ou como profesor vexo o menu do foro que fixen pero cando accedo ao foro aparece unha páxina que pon que non hai envíos nesta categoría e non aparece nada para enviar un novo comentario. Cando vexo a páxina como usuario anónimo non aparece o menú de foros.

Problema de permisos

Era un problema de permisos do usario anonimo,l agora xa poden ver os foros os usuarios anónimos. (Seguramente faltaba confirmar permisos en "Control de acceso". foi o que fixemos.

Xa tedes un Mnú de Foros (FOROS PROXECTO), UN CONTEDOR DE FOROS (Foros proxecto) e un foro (Axuda).

Só vos falta crear un tema de discusión. Para elo, ir a "Crear contido" de tipo Forum e publicalo en (Axuda).

A partir dese momento xa se poderán enviar comentarios e respostas a ese tema o discusión.

 

MOI IMPORTANTE:

Tendes os comentarios abertos para calquera, e cando digo calquera quero dicir CALQUERA.

A responsabilidade do que se pon nunha web dun centro educativo non é de CALQUERA , e da dirección do centro. Tal como está entrarán ata a cociña.

Recomendamos limitar os comentarios a usuarios autenticados.

Cambie os permisos no

Cambie os permisos no "módulo comment", só deixei permisos para profe e alumnos en "acceder a comentarios" e "enviar comentarios", así estaría ben?.

Máis seguro

Efectivamente, agora estará o espazo web moito máis seguro

Foro usuario anonimo

Onte dinme de conta de que cando accedo á páxina como usuario anonimo podo enviar un comentario ao foro e incluso abrir un novo debate e adxuntar ficheiros. Está ben así? O usuario anonimo non debería só poder ver o foro?

Usuario anónimo non debería publicar

Efectivamente. Un usuario anónimo non debería poder publicar.

Ë un problema de permisos.

Administrar>>Mantemento de usuarios>>Control de acceso.

Para o rol "usuario anónimo" só acceder a contido

Administras>>Mantemento de usuarios>>Taxonomy acces permissions

Marcamos en cada menú a opción "Listar" para todo menú que queiramos que vexa e "ver" se queremos que acceda oas contidos dese menú.

As opcións "borrar" "actualizar" e "crear" debería telas todas desactivadas en todos os menus.

Importante:

Unha vez modificado o asunto en "Taxonomy Acces" teño que volver a "Control de acceso" e confirmas os cambios simplemtente gardando.



forum | by Dr. Radut