Skip to Content

Non hai envíos nesta categoría

Boas, na nosa páxina temos un bloque chamado PROFESORADO que está cheo de contidos e ten o acceso restrinxido. Cando o usuario anónimo preme en calquera apartado deste menú saelle a mensaxe "Non hai envíos nesta categoría", que é falsa, en vez da desexable "Non está autorizado para acceder a esta páxina". Parece unha nimiedade, pero, ademais de dar a impresión equivocada de que hai apartados baleiros na web, o profesorado máis inexperto non se decata de que se ten que dar de alta porque se lle está a dicir que non hai contidos. Como podemos amañalo? Moitas grazas pola vosa atención.

Acceso restrinxido

Efectivamente a mensaxe non é a máis correcta.

Drupal está usando a mesma mensaxe cando non hai envios nun apartado e cando o acceso é restrinxido.

As posibles solucións serían:

1-Editar a frase "Non hai envíos nesta categoría ou ten acceso restrinxido"

2-Non permitindo ver menús aos que non se ten acceso

3-Na próxima versión (5.7) que actualizaremos en xullo, podemos facer que só se vexan aqueles menús que teñen contidos

Probade en Localización>Edición de cadeas, bucar "Non hai envíos nesta categoría." Editádea e engadídelle a mensaxe que consideredes oportuna, tendo en conta que dita mensaxe ten que valer para cando non hai contidos e para cando non se ten permiso de acceso.



forum | by Dr. Radut