Skip to Content

Enderezo electrónico para os webmasters

Os formularios Drupal só se poden dirixir a contas de correo @edu.xunta.es. Polo tanto, salvo que se cambie esta política, habería que utilizar a conta do centro ou a do responsable de cada espazo web. A conta do centro xa está moi saturada e debe deixarse para o equipo directivo, pero mellor que usar a conta persoal do "webmaster", suxerimos que se creen enderezos do estilo: web.cpi.feal@edu.xunta.es, ou máis cortos: web.feal@edu.xunta.es, polo menos para quen o solicite.

Contas de correo para administradores

Polo momento non é posible que se creen contas para os administradores dos espazos web. Este problema que plantexades pode ter unha solución que sería o crear unha carpeta compartida na conta de correo do centro e ir colocando nela as mensaxes que se queiran destinar ao administrador.

Un saúdo.



forum | by Dr. Radut