Skip to Content

Problemas co video e o son

1. Non nos funciona o reproductor xenérico de arquivos mp3. Sí o fai o reproductor Flash(coa mesma ventá de video). 2.A portada do reproductor de video aparece negra. Cómo conseguimos que apareza outra.(Como por exemplo, unha imaxe do propio video). 3. Se subimos varios arquivos de son ou video, só se reproduce o primeiro deles. ¿É posible repoducilos todos?

YouTube

Mentres non se arranxen estes detalles, no noso centro pensamos que a solución máis práctica é subir os vídeos ou incluso os audios a YouTube (supoñendo que non estean dispoñibles alí xa), aínda que podemos perder un pouco de calidade na conversión que fan eles. Se subides vídeos, logo podedes inserilos na vosa web en calquera posición dun artigo (liberdade total en vertical e en horizontal) e sen unha pantalla negra (pódese elixir entre varias imaxes do vídeo). Ademais, podedes elixir o tamaño, o marco ou facer listas de reproducción. Se só queredes publicar audio, podedes utilizar calquera editor de vídeo para engadirlle unha ou varias imaxes e xa está listo para YouTube. Só necesitades abrir unha conta en YouTube, pero esperemos que no futuro non haxa necesidade de utilizar este servizo externo.

Reproducción de audio e vídeo

1. Para reproducir un arquivo MP3 estamos empregando o mesmo módulo que utilizamos para os vídeo: SWF Tools. Por iso, ao adxuntar un ou varios ficheiros MP3 a un contido tipo Páxina, aparece o reproductor de vídeo pero na xanela da imaxe aparece o logo de Drupal (este logo poderiamos personalizalo cambiando o arquivo de imaxe por outro, pero accedendo por FTP).(Ver imaxe abaixo)

Reproductor de audio MP3 - Módulo SWF Tools

Se adxuntamos varios arquivos MP3 aparecerán os botóns de Seguinte a Antrior no reproductor (ver imaxe abaixo).

Botóns de navegación por arquivos

2. No caso dos vídeos, efectivamente a portada aparece negra. Polo momento nos vimos a posiblidade de introducir unha imaxe alternativa, sexa do propio vídeo ou outra calquera.

3. Como xa comentamos no punto 1, ao adxuntar varios arquivos no mesmo contido deberán de aparecer os botóns de Seguinte e Anterior para poder navegar/reproducir os fixeiros, sexan de vídeou ou audio (Ver imaxe anterior).

Puxémosvos uns exemplos tanto de audio como de vídeo (escollidos ao azar) nos seguinte nodos da vosa páxina (unha vez vistos é recomendables que os eliminedes):

- Audio:  http://centros.edu.xunta.es/ceipdepracticas/node/118

- Vídeo: http://centros.edu.xunta.es/ceipdepracticas/node/119

Un saúdo.



forum | by Dr. Radut