Skip to Content

Cursos abertos nas Aulas Virtuais dos centros educativos

Dende o Proxecto Webs Dinámicas queremos engadir unha nova funcionalidade ó portal, tan potente pero tan simple que recae a responsabilidade nos propios usuarios, en vós.

Que vos parecería ter acceso a un listado de cursos abertos, onde os profesores que os elaboran permiten o acceso a convidados? Serviranos como recurso educativo e como mostra de utilización da propia Aula Virtual.

Quedamos á vosa espera!!

 

Pedímosvos que nos enviedes a referencia dos vósos cursos abertos , ou que atopedes por aí ó correo websdinamicas@edu.xunta.es. E para organizar mellor a información, e permitir un funcionamento máis dinámico deste portal, tamén vos pedimos que nolo enviedes co seguinte formato:

 

Nome do curso: Nome do Curso

Aula Virtual: CEIP/IES... Nome do Centro

Enlace: (coa ruta completa enlazada)

Área/temática:

Profesor resposable (si houbera, por motivos de recoñecemento): nome do profesor

Unha vez máis, e potenciando un traballo colaborativo responsable, recomendamos a utilización de Licenzas Abertas Creative Commons. Podedes atopar máis información clicando aquí.



page | by Dr. Radut