Skip to Content

Miniatura

Son Paz e quero eliminar as miniaturas que teño naulgunhas páxinas e non atopo o xeito de facelo. Sabe alguien o modo de facelo?. Grazas.

Eeliminar as miniaturas

Poderías concretar un pouco máis? A qué miniaturas te refires? imaxes que meteches nalgunha páxina?

Si podes indica o enderezo donde teñas unha para poder ver de que falamos e miramos a solución.

Un saúdo.

Miniatura

Concreto o de "Miniatura". Son imaxes que se meteron fai tempo nalgunha páxina e gustaríame renovalas ou eliminalas. Douche o enderezo e miras en  "O Centro"  (Dependencias) ou mesmo en Departamentos, o de Orientación. Aínda hai máis, pero con esas mostras xa podes saber a que problema me estou refirindo. Grazas.

Demasiada festa...Esquecín enviarche o enderezo...http://www.edu.xunta.gal/centros/iesenriquemuruais/

Eliminar miniaturas

Correcto. Os contidos que creástedes para facer esas minuaturas son contidos do tipo Imaxe, polo tanto as miniaturas foron creadas automaticamente ao crear o contido, ao subir a imaxe en tamaño real.

Entón, para eliminar a miniatura o que hai que facer é eliminar o contido. Por exemplo, premendo sobre o nome do contido Aula música e entrando na pesata Edición, podemos atopar ao final da páxina o botón para Eliminar este contido (nodo). Deste xeito elimínase por completo, tanto a imaxe en tamaño real como a miniatura que se creou automaticamente.

Eliminar miniaturas

Un saúdo.



forum | by Dr. Radut