Skip to Content

Forzar idioma

Ola!

Non sabemos por que pero hoxe non nos funciona a opción que existe na configuración dos cursos para establecer un idioma concreto. No menú despregable só aparece a opción "non forzar".

Ao mellor estades actualizando algún módulo ou algo así. Pásalle a alguén máis?

Graciñas e saúdos :)

configurar idioma

Administración da aula virtual > Idioma > Configuración de idiomas

Idioma predefinido: Aparecerán neste despregable os idiomas que aparezan na lista "Idiomas no menú de idiomas". O que esté seleccionado será o predefinido para o sitio, pero se hai algún máis os usuarios poderán seleccionar de entre os dispoñibles. 

Amosar menú de idiomas: Si damos a posibilidade de utilizar máis de un idioma, este menú permite ós usuarios modificar o idioma do interface da páxina

Idiomas no menú de idiomas: Se o deixamos en branco aparecerán no menú de idiomas todos os idiomas instalados que temos en "Paquetes de idiomas". Para definir cales queremos que aparezan debemos introducir os códigos de idioma separados por comas. Estes códigos son os que aparecen entre parénteses en "Paquetes de idioma".

información recollida da aula virtual aberta de websdinamicas

Problema resolto

Moitas gracias!!! Estes códigos xa os tiñamos introducidos. O problema foi simplemente estes días de atrás, pero xa vin que o problema se arranxou e engadistes máis linguas. Os compañeiros do departamento de alemán vánvolo a agradecer moito ;)

Saúdos e grazas de novo.



forum | by Dr. Radut