Skip to Content

Drupal 5.1

Crear unha categoría "borrador"

Resulta que os usuarios autenticados que non son administradores non teñen acceso a administrar contidos. É dicir publican os seus contidos nun menú e se teñen permiso poden volver a editalos, pero cando fan un contido e non o rematan non o poden publicar en ningún menú e logo non poden recuperalo.

Solución posible:

Creamos un menú chamado Borrador accesible aos usuarios correspondente. Cando teñen un contido a medio facer, para non perdelo, publícano no menú Borrador e logo cando o queiran recuperar entran en dito menú, editan o contido e logo publícano no lugar correspondente.

Importante que dito menú borrador só sexa visible polo correspondente rol e non por todo o mundo.

 

Tamén podemos usar a carpeta borrador para que aqueles usuarios aos que lle vamos impedir publicar directamente os seus contidos no espazo web. Eses usuarios limitámoslles a publicación á carpeta BORRADOR ou MODERADOR ou TRIBUNAL DA INQUISICION. Esa carpeta só a poden ver eles cando crean contido e non teñen outro sitio onde publicar.

Logo, o moderador cando entrar, busca dita carpeta e aproba ou elimina os contidos. Se os aproba, teraos que editar para colocalos no menú pertinente.

Poderiamos crear tantas carpetas para moderar como roles desexemos controlar.

Se o rol alumnado está moderado, só lle permitiriamos publicar (crear) na carpeta CENSURA. Logo o administrador ou profe con permisos entra na carpeta e publica o contido na revista, en deportes, etc, onde sexa o lugar para o que se elaborou.

Configuracións iniciais de Drupal

Explicaremos neste libro a configuración con que instalamos Drupal nos centros educativos e onde e como se administra.

É dicir: a configuración xeral, os usuarios e os seus permisos, os menus, configuración inicial de módulos e algúns en particular.

Premendo no título do libro accederemos aos seus capítulos:

Libro: Módulo a módulo

Explicaremos a función de cada módulo e como o deixamos configurado.

Preme no título para entrar no libro de módulos

Creando contidos moderados

Entendemos por contido moderado como aquel contido que crea un usuario e precisa da aprobación do administrador para ser publicado ou aparecer na web.

É unha característica que se asocia ó tipo de contido e non ao usuario. É dicir, non podemos dicir que os contidos que elabore un determinado rol sexa moderado. O que si podemos facer é que un tipo de contido, ex:artígo, sexa moderado.

Se quixeramos en un determinado perfíl ou rol só publicase contido moderado, asignaríamoslle só permiso de crear artigos e logo a artigos dariamoslle a característica de "moderado"

Na version 5.1 NON EXISTE CONTIDO MODERADO ou NA COLA DE MODERACIÓN. Pero exite a posibilidade de crealo, xa que nesta nova versión podemos crear tipos de contido.

Administrar » Administración do contido » Tipos de contido » Engadir tipo de contido

Creamos un contido que podemos chamar. Contido moderado

Ο Publicado
Ο Promocionado á páxina principal
Ο Pegañoso no comezo das listas
Ο Crear nova revisión

Dito contido, por defecto NON ESTÁ PUBLICADO.

Cando o administrador quere aprobar un Contido moderado, vai a ruta

Administrar » Administración do contido » Contido

Filtra:
Estado: Non publicado
Tipo: Contido moderado

Opción de actualización: publicar

 

Actualizar Drupal de 4.6X a 4.7X

1.-Copia de seguridade da base de datos

2.-Copia de seguridade dos arquivos do espacio web

3.-Facer unha carpeta con todo o da nova versión de Drupal, incluídos modules e themas.

4.-Editamos o arquivo update.php que se atopa na carpeta Drupal. Fíxádevos que hai que cambiar deixando NA LIÑA 18

$access_check = FALSE;

Non actualizaremos á nova versión se non dispoñemos de tódolos módulos de actualización empregados na anterior versión.

5.-Entramos en drupal como administradores:

  • Seleccionamos tema bluemarine e desmarcamos todos os demais
  • En administrar-módulos imprimimos unha páxina que reflexe a situación actual dos módulos
  • En admistrar-módulos desmarcamos todos os módulos non core (que non veñen de raiz no drupal) e gardamos. Recordemos que algúns módulos antes de desmarcalos hai que desactivalos na ruta administrar-opcións/modulodemarras. Especialmente desactivar o taxonomy_access.
  • Pechamos sesión e saimos de Drupal

6.-Borramos no noso espacio Web todos os arquivos de Drupal, incluídos módulos e temas. Deixamos sen borrar a carpeta files e a carpeta sites. Na files están todos os documentos e no sites a configuración de conexión

7.-Subimos por FTP os arquivos da carpeta que fixemos no paso 3, é dicir: Drupal cos seus temas e módulos

8.- Agora co navegador escribimos a URL apuntando ó arquivo actualizador update.php

http://centros.edu.xunta.es/centrodemarras/update.php

Premer na frase: run the database upgrade script.

Logo no botón UPDATE

Finalmente poderemos premer en log para ver que erros dou a actualización. Como seguramente non aparece ningún grave xa estaremos dentro da aplicación, como administradores e coa actualización feita.

9.-Agora quédanos traballar na aplicación:

Activamos módulos:

  • En administrar módulos vamos seleccionando os módulos. Gardamos e teremos que lanzar o update (na mesma páxina de administrar módulos) para que actualice as bases de datos e conplete a instalación dos módulos. Algúns módulos ademáis de marcalos requiren unha activación ou unha configuración que implica crear un rol. Ex: Taxonomy_access hai que activado. Tinymce hai que crear un perfil,...
  • Deixamos o timynce para o final. Facemos coma cos outros módulos.

Permisos: control de acceso

  • Damos permisos dos distintos módulos para os roles no control de acceso. (Permisos)
  • Tamén en control de acceso editamos os permisos de cada rol (Category permissions)

Gardar antes de sair: primeiro na de Category pemissions e logo tamén outra vez na de Permisos.

10.- Seguramente non se activa o Timynce. Teremosque editalo nas opción de admministrar dito módulo. Ë mellor eliminar o perfil que arrastramos da actualización e crear outro novo. Logo editámolo.

Se todo o fixemos ben, o lóxico sería que xa non tivésemos ningún erro nin warning.

11.-Control de acceso: repasar todos os roles e os permisos xa que cambiou de aspecto e engadiu items o "category permissións". Débense editar tódolos roles para evitar warning's.

12.-Administar módulo image_asist para que apareza no timynce. Default insert mode: HTML code

13.-Administrar módulo image a full_html para que apareza correctamente a imaxe nos contidos que editemos.

14.-Seguramente teremos que editar  primary e secondary lynks xa que seguramente non enlazan correctamente. Eso agora faise en administrar menús.

15.-Elexir o tema correspondente e editar logos 

16.- Unha vez xa actualizados tódolos módulos deberemos volver a editar o arquivo update.php para deixar a liña 18 en TRUE

$access_check = TRUE;

Téñase en conta que se queremos engadir un novo módulo teremos que volver a editar a liña do arquivo update a false e logo volver a true por motivos de seguridade.

Distribuir contido


by Dr. Radut