BAGA12

 

BAGA12 - Actividades agropecuarias

Ciclo formativo
Familia: Agraria
Sistema educativo: LOE
Grao: básico
Horas: 2000
Código: BAGA12
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Realizar operacións auxiliares en explotacións agrogandeiras relacionadas, entre outras cousas, con cultivos agrícolas, co manexo do gando e co envasamento e a distribución de produtos agroalimentarios, seguindo instrucións de superiores ou plan de traballo, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, as de benestar animal, as de seguridade alimentaria e as boas prácticas gandeiras, e comunicándose oralmente e por escrito en lingua galega e en lingua castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

 

En que ámbitos se traballa?
Área de produción e/ou na área ambiental en grandes, medianas e pequenas empresas agropecuarias, de carácter público ou privado, que se dediquen a actividades relacionadas co cultivo agrícola e coa gandaría produtiva.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Peón agrícola; peón agropecuario; peón en horticultura; peón en fruticultura; peón en cultivos herbáceos; peón en cultivos de flor cortada; peón en explotacións gandeiras; auxiliar de muxidura; pastor/ora; aplicador de biocidas en explotacións e vehículos gandeiros; peón da industria alimentaria.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
AM3009 Ciencias aplicadas I 175 6
AM3011 Comunicación e ciencias sociais I 206 7
MP3052 Operacións auxiliares de obtención e colleita de cultivos 237 8
MP3051 Operacións auxiliares de preparación do terreo, plantación e sementeira de cultivos 117 4
MP3114 Operacións básicas de manexo da produción gandeira 175 6
AM3010 Ciencias aplicadas II 162 7
AM3012 Comunicación e ciencias sociais II 135 6
MP3111 Envasamento e distribución de materias primas agroalimentarias 90 4
MP3117 Formación en centros de traballo 320
MP3113 Operacións auxiliares de cría e alimentación do gando 231 10
MP3115 Operacións auxiliares de mantemento e hixiene en instalacións gandeiras 90 4

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

Lugo



Concello Código Centro educativo Teléfono
Castro de Rei 27015891 IES da Terra Chá, José Trapero Pardo 982870144
Fonsagrada, A 27014811 IES Plurilingüe Fontem Albei 982828263




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).