Reunión de seguimento do proxecto europeo Erasmus+ MATES

O pasado martes 26 de febreiro tivo lugar na Subdirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a reunión de seguimento do proxecto europeo Erasmus+ KA2, MATES (Maritime Alliance for fostering the European Blue Economy through a Marine Technology Skilling Strategy), coordinado polo Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación CETMAR.

Nesta reunión participou o persoal da Consellería implicado no desenvolvemento do devandito proxecto, incluído profesorado de tres dos centros educativos implicados no proxecto: o CIFP Someso, o CIFP Ferrolterra e o IES Universidade Laboral, xunto con representantes da Fundación CETMAR.

Na reunión fíxose un balance do primeiro ano de actividade do proxecto, revisouse o cronoograma e abordáronse as próximas actividades previstas, nas que destaca a elaboración de proxectos piloto no eido da denominada "economía azul", obradoiros formativos para os socios no estranxeiro e reunións de coordinación internacionais como a que terá lugar o vindeiro mes de maio en Bruxelas.

MATES ten por obxectivo analizar a evolución das tecnoloxías marítimas en Europa para elaborar un plan estratéxico que mellore a competitividade da industria a través dunha adecuación das formacións existentes.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Reunión seguimento proxecto MATES
  • Reunión seguimento proxecto MATES
Etiquetas: 
Multimedia: