Reunión transnacional do proxecto FUTUREfacing

O pasado 24 de setembro reuniuse en Rakvere (Estonia) o comité directivo do proxecto Erasmus+ FUTUREfacing. A escola de Formación Profesional Rakvere Ametikool (Rakvere Vocational School, Estonia) acolleu a participación de representantes de socios implicados como: a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, CIS-Madeira e destacadas empresas vinculadas ao sector madereiro como: ILVA (empresa italiana do sector químico con sede en Valencia), British Coattings Federation (con sede en UK e dedicada aos acabados) e Finsa (Financeira Maderera S.A.).

Tras a reunión inicial de xestión, na que se analizaron os progresos acadados e se reforzou a liña de actuación estratéxica do proxecto, deron comezo catro días de visita técnica nos que os membros das devanditas empresas e catro profesores de tres centros de Formación Profesional da Consellería de Educación - o Politécnico de Santiago, o Valentín Paz Andrade (Vigo) e A Xunqueira (Pontevedra) - puideron coñecer o sistema educativo estoniano, visitar diferentes empresas da industria da madeira, intercambiar experiencias formativas e dar os primeiros pasos para a creación de futuras sinerxias no eido educativo-profesional.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Reunión transnacional FUTUREfacing
  • Reunión transnacional FUTUREfacing
  • Reunión transnacional FUTUREfacing
  • Reunión transnacional FUTUREfacing
  • Reunión transnacional FUTUREfacing
  • Reunión transnacional FUTUREfacing
  • Reunión transnacional FUTUREfacing
  • Reunión transnacional FUTUREfacing
  • Reunión transnacional FUTUREfacing
  • Reunión transnacional FUTUREfacing
  • Reunión transnacional FUTUREfacing
  • Reunión transnacional FUTUREfacing
  • Reunión transnacional FUTUREfacing
  • Reunión transnacional FUTUREfacing
  • Reunión transnacional FUTUREfacing
  • Reunión transnacional FUTUREfacing
  • Reunión transnacional FUTUREfacing
  • Reunión transnacional FUTUREfacing
  • Reunión transnacional FUTUREfacing
  • Reunión transnacional FUTUREfacing
  • Reunión transnacional FUTUREfacing
  • Reunión transnacional FUTUREfacing
  • Reunión transnacional FUTUREfacing
  • Reunión transnacional FUTUREfacing
Etiquetas: 
Multimedia: