Salimat 2017. Participación do CIFP Coroso
O CIFP Coroso de Ribeira participou na cuarta xornada do Salimat Abanca 2017 coa presentación do seu proxecto "Colleitadores". O obxectivo deste proxecto é identificar e elaborar produtos alimentarios con plantas silvestres autóctonas que ata o momento non están a ser utilizadas na cociña de xeito habitual.A presentación do proxecto incluíu unha mostra e degustación dos produtos elaborados.
Este proxecto forma parte dun Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Pódese obter máis información no blogue colleitadores.blogspot.com.
Etiquetas:
Multimedia: