Visita dos directores delegados franceses á Subdirección Xeral de Formación Profesional

A Subdirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional recibiu o pasado 26 de novembro a visita de vinte e un directores delegados franceses pertencentes ao SN2D (Sindicato Nacional dos Directores Delegados), acompañados pola coordinadora de proxectos internacionais do CIFP As Mercedes (Lugo), Mercedes Álvarez Uría.

Estes directores chegaron en representación dos liceos profesionais pertencentes á academia de Grenoble (sectores da industria, a saúde, os servizos, a hostalaría e a restauración) co obxectivo de coñecer de cerca o sistema educativo da FP en España e, particularmente, en Galicia. Entre eles atopábanse o secretario xeral adxunto de programas internacionais, Bernard Loichot e o tesoureiro do SN2D, Daniel de Julis.

O motivo da visita do SN2D á Consellería de Educación enmárcase no proxecto Erasmus + KA1, que o devandito colectivo está a desenvolver e que leva por título "Escolas e empresas asociados para loitar contra o abandono escolar", dedicado á elaboración dun plan estratéxico de internacionalización dos centros de FP franceses.

Tras o saúdo institucional a cargo do Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira López, e a Subdirectora Xeral de Formación Profesional, Mª Eugenia Pérez Fernández, iniciouse unha charla informativa sobre a formación profesional en Galicia a cargo do xefe do Servizo de Ordenación e Formación Profesional, José Manuel Rodríguez Buján.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Visita dos directores delegados franceses á Subdirección Xeral de Formación Profesional

Etiquetas: 
Multimedia: