BEOC11

 

BEOC11 - Reforma e mantemento de edificios

Ciclo formativo
Familia: Edificación e obra civil
Sistema educativo: LOE
Grao: básico
Horas: 2000
Código: BEOC11
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Realizar traballos auxiliares en obras de construción, de obra nova, rehabilitación e reforma, colaborando na execución de fábricas para revestir, na aplicación de revestimentos continuos e nos traballos de azulexado, pavimentación e pintura, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

 

En que ámbitos se traballa?
En pequenas, medianas e grandes empresas dedicadas á execución, á reforma e á rehabilitación de obras de edificación e urbanización, por conta allea.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Operario/a de albanelaría básica; axudante de albanel; peón especializado; axudante en pavimentación para urbanización; axudante de solador/ora; axudante de azulexador/ora; axudante de esacaiolista; auxiliar de xeseiro/a; axudante de acabamentos; auxiliar de empapelador/ora; axudante de pintor/ora; axudante de revestimentos continuos; axudante de mantemento básico de edificios.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP3082 Albanelaría básica 234 8
AM3009 Ciencias aplicadas I 175 6
AM3011 Comunicación e ciencias sociais I 206 7
MP3086 Reformas e mantemento básico de edificios 179 6
MP3087 Traballos de pavimentación exterior e de urbanización 116 4
AM3010 Ciencias aplicadas II 162 7
AM3012 Comunicación e ciencias sociais II 135 6
MP3084 Falsos teitos 112 5
MP3089 Formación en centros de traballo 320
MP3083 Gornecementos e revocaduras 112 5
MP3085 Pintura e empapelamento 187 8

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coruña, A 15024513 CIFP Someso 881880001

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ourense 32009189 CPR Ramón María del Valle- Inclán 988366214

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Porriño, O 36019529 IES Ribeira do Louro 986333956




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).