Borrador do decreto que regula a FP Básica e establece vinte e un currículos

Co fin d dar cumprimento ao disposto nos artigos 41 e 42  da Lei 16/2010, do 17 de decembro (DOG do 31 de decembro), de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a exposición pública o decreto polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos.

- Ver anuncio no DOG

As organizacións, as asociacións, a comunidade educativa e a cidadanía en xeral poden facer as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que estimen oportunas ao proxecto deste decreto, por medio do documento denominado "Contraste_Decreto_FPB_.doc" que deberá ser remitido ao enderezo de correo electrónico curriculosfp@edu.xunta.es seguindo as instruccións que se indican no propio documento.

  • Documento de contraste do decreto de FP Básica: Contraste_Decreto_FPB_.doc
  • Prazo para presentar proposicións e suxestións: 15 días hábiles
  • Data de inicio do prazo: 19 de maio de 2014
  • Data de remate do prazo: 4 de xuño de 2014

 

- Articulado do decreto

Anexos. Currículos dos títulos profesionais básicos

Etiquetas: