BCOM01

 

BCOM01 - Servizos comerciais

Familia: Comercio e márketing
Sistema educativo: LOE
Grao: profesional básico
Horas: 2000
Código: BCOM01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Realizar operacións auxiliares de comercialización, merchandising e almacenaxe de produtos e mercadorías, así como as operacións relacionadas de tratamento de datos, seguindo protocolos establecidos, criterios comerciais e de imaxe, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental correspondentes, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

 

En que ámbitos se traballa?
Actividades por conta allea en empresas de distribución comercial, tanto por xunto (centrais de compras, mercados centrais de abastos, “cash and carry”, etc.), como retallistas (tendas, supermercados, hipermercados e grandes superficies comerciais), en centros de distribución comercial e en departamentos comerciais e almacéns de empresas doutros sectores produtivos.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Auxiliar de dependente de comercio; auxiliar de animación do punto de venda; auxiliar de venda; auxiliar de promoción de vendas; empregado/a de reposición; operador/ora de cobramento ou caixeiro/a; operario/a de pedidos; operador/ora de carreta de recepción e expedición; contador/ora de recepción e expedición; operario/a de loxística; auxiliar de información.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP3001 Tratamento informático de datos 204 7
MP3009 Ciencias aplicadas I 175 6
MP3011 Comunicación e sociedade I 206 7
MP3069 Técnicas básicas de merchandising 179 6
MP3070 Operacións auxiliares de almacenaxe 146 5
MP3002 Aplicacións básicas de ofimática 240 10
MP3005 Atención á clientela 58 3
MP3006 Preparación de pedidos e venda de produtos 113 5
MP3010 Ciencias aplicadas II 162 7
MP3012 Comunicación e sociedade II 135 6
MP3072 Formación en centros de traballo 320




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).