BFME01

 

BFME01 - Fabricación e montaxe

Familia: Fabricación mecánica
Sistema educativo: LOE
Grao: profesional básico
Horas: 2000
Código: BFME01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Realizar operacións básicas de mecanizado e montaxe para a fabricación mecánica con materiais férricos, non férricos e tecnoplásticos, así como para a instalación e o mantemento de elementos de redes de fontanaría, calefacción e climatización, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

 

En que ámbitos se traballa?
Actividade por conta allea en grandes, medianas e pequenas empresas dedicadas á fabricación e á montaxe de produtos mecánicos e electromecánicos, así como á montaxe e ao mantemento de instalacións de fontanaría, calefacción e climatización.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Peón de industrias manufactureiras; auxiliar de procesos automatizados; fontaneiro/a; montador/ora de equipamentos de calefacción; mantedor/ora de equipamentos de calefacción; montador/ora de equipamentos de climatización; mantedor/ora de equipamentos de climatización; instalador/ora de redes de subministración e distribución de auga.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP3009 Ciencias aplicadas I 175 6
MP3011 Comunicación e sociedade I 206 7
MP3020 Operacións básicas de fabricación 179 6
MP3021 Soldadura e carpintaría metálica 175 6
MP3022 Carpintaría de aluminio e PVC 175 6
MP3012 Comunicación e sociedade II 135 6
MP3019 Ciencias aplicadas II 162 7
MP3023 Redes de evacuación 157 7
MP3024 Fontanaría e calefacción básica 157 7
MP3025 Montaxe de equipamentos de climatización 97 4
MP3027 Formación en centros de traballo 320




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).