BHOT03

 

BHOT03 - Actividades de panadaría e pastelaría

Familia: Hostalaría e turismo
Sistema educativo: LOE
Grao: profesional básico
Horas: 2000
Código: BHOT03
Documentación: RD
DOG

Que se aprende a facer?
Facer a recepción de materias primas, preelaborar e elaborar produtos básicos de panadaría e pastelaría, presentalos para a súa venda e dispensalos, aplicando os protocolos establecidos, as normas de hixiene alimentaria, de prevención de riscos laborais e de protección ambiental correspondentes, e comunicándose de forma oral e escrita en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

 

En que ámbitos se traballa?
En panadarías e pastelarías traballando por conta allea en pequenas, medianas e grandes empresas deste sector produtivo. Así mesmo, poden desenvolver a súa actividade seguindo instrucións e cun certo grao de autonomía, en pequenos establecementos dedicados á produción e á venda deses produtos.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Auxiliar de panadaría e bolaría; de pastelaría, de almacén de pastelaría; empregado/a de establecemento de pastelaría; auxiliar de almacén; auxiliar de venda.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP3005 Atención á clientela 58
MP3009 Ciencias aplicadas I 175
MP3011 Comunicación e sociedade I 206
MP3017 Procesos básicos de pastelaría 325
MP3133 Operacións auxiliares na industria alimentaria 146
MP3007 Procesos básicos de panadaría 246
MP3012 Comunicación e sociedade II 135
MP3026 Dispensación en panadaría e pastelaría 165
MP3042 Ciencias aplicadas II 162
MP3153 Formación en centros de traballo 320




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).