BIFC02

 

BIFC02 - Informática de oficina

Familia: Informática e comunicacións
Sistema educativo: LOE
Grao: profesional básico
Horas: 2000
Código: BIFC02
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Realizar operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos, periféricos e redes de comunicación de datos, e de tratamento, reprodución e arquivamento de documentos, operando coa calidade indicada e en condicións de seguridade e de protección ambiental, con responsabilidade e iniciativa persoal, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

 

En que ámbitos se traballa?
Actividades por conta allea en empresas dedicadas á comercialización, á montaxe, ao mantemento e á reparación de sistemas microinformáticos e de equipamentos eléctricos ou electrónicos, e en empresas que utilicen sistemas informáticos, para a súa xestión.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Axudante de montador/ora de sistemas microinformáticos; axudante de mantemento de sistemas informáticos; axudante de instalador/ora de sistemas informáticos; axudante de instalador/ora de sistemas para transmisión de datos; auxiliar de oficina; auxiliar de servizos xerais; gravador-verificador de datos; auxiliar de dixitalización; operador documental.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP3009 Ciencias aplicadas I 175 6
MP3011 Comunicación e sociedade I 206 7
MP3029 Montaxe e mantemento de sistemas e compoñentes informáticos 296 10
MP3031 Ofimática e arquivamento de documentos 233 8
MP3012 Comunicación e sociedade II 135 6
MP3016 Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos 206 9
MP3019 Ciencias aplicadas II 162 7
MP3030 Operacións auxiliares para a configuración e a explotación 205 9
MP3033 Formación en centros de traballo 320




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).