BMAM01

 

BMAM01 - Carpintaría e moble

Familia: Madeira, moble e cortiza
Sistema educativo: LOE
Grao: profesional básico
Horas: 2000
Código: BMAM01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Realizar operacións básicas de fabricación, instalación e montaxe de elementos de carpintaría e moble, mecanizando madeira e derivados, acondicionando superficies, aplicando produtos de acabamento e auxiliando nos procesos de tapizado, colaborando na elaboración de produtos coa estética e os acabamentos requiridos, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

 

En que ámbitos se traballa?
En pequenas, medianas e grandes empresas, por conta allea ou propia, dedicadas á fabricación e á instalación de elementos de carpintaría e moble, así como á aplicación de produtos de acabamento e tapizado de mobles en xeral.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Montador/ora de produtos de ebanistaría en xeral; montador/ora de mobles de madeira ou similares; montador/ora produtos de madeira excepto ebanistaría; montador/ora de envases e embalaxes de madeira e similares; acabador/ora de mobles de madeira; acoitelador/ora e vernizador/ora de parqué; vernizador/ora e lacador/ora de artesanía de madeira; vernizador/ora e lacador/ora de mobles de madeira; operador/ora de tren de acabamento de mobles; embalador/ora, empaquetador/ora e etiquetador/ora á man; peón da industria da madeira e da cortiza; tapiceiro/a de mobles.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP3009 Ciencias aplicadas I 175 6
MP3011 Comunicación e sociedade I 206 7
MP3074 Operacións básicas de mecanizado de madeira e derivados 281 10
MP3075 Instalación de elementos de carpintaría e moble 160 5
MP3077 Materiais e produtos téxtiles 88 3
MP3005 Atención á clientela 58 3
MP3012 Comunicación e sociedade II 135 6
MP3019 Ciencias aplicadas II 162 7
MP3076 Acabamentos básicos da madeira 180 8
MP3078 Tapizado de mobles 173 7
MP3080 Formación en centros de traballo 320




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).