M05002

 

M05002 - Impresión en artes gráficas

Familia: Artes gráficas
Sistema educativo: LOXSE
Grao: medio
Horas: 1400
Código: M05002
Documentación: RD
DOG
DOC

 

Que se aprende a facer?
Realizar as operacións necesarias para a produción de impresos e obtención de formas impresoras, controlando e mantendo en primeiro nivel as máquinas e equipos necesarios para obter a citada produción coa calidade, seguridade e prazos establecidos.

 

Onde se realiza o traballo?
Montaxe e control do funcionamento dun tipo de máquinas (impresora, "insoladora", filmadora, prensa de probas, procesadora...), trazado e distribución da obra que se vai imprimir.

 

En que postos de traballo?
Técnico de impresión. Impresor de fotogravado. Impresor de offset. Impresor de flexografía. Impresor de serigrafía. Maquinista de fotogravado, offset, flexografía e serigrafía.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Formación e orientación laboral 55
Formación en centros de traballo 440
Horas á disposición do centro 85
Materias primas en artes gráficas 130
Montaxe e obtención da forma impresora 105
Procesos de artes gráficas 130
Procesos de impresión en offset 270
Procesos de impresión en tintas líquidas 130
Seguridade nas industrias de artes gráficas 55

 

Que título se obtén?
Técnico en impresión en artes gráficas.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).