MADG01

 

MADG01 - Xestión administrativa

Familia: Administración e xestión
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MADG01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, fi-nanceiro e fiscal. Atención á clientela ou ás persoas usuarias, en empresas públicas e pri-vadas, aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de xeito que se asegure a satisfacción da clientela e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
En calquera tipo de empresa, independentemente do seu tamaño e do sector de actividade, nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle atención á clientela e á cidadanía.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Auxiliar administrativo/a, axudante de oficina, auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos, administrativo/a comercial, auxiliar administrativo/a de xestión de persoal, auxiliar administrativo/a das administracións públicas, recepcionista, empregado/a de atención á clientela, empregado/a de tesouraría e empregado/a de medios de pagamento.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0156 Inglés 160 6
MP0438 Operacións administrativas de compravenda 133 5
MP0440 Tratamento informático da información 267 10
MP0441 Técnica contable 133 5
MP0448 Operacións auxiliares de xestión de tesouraría 160 6
MP0449 Formación e orientación laboral 107 4
MP0437 Comunicación empresarial e atención á clientela 123 7
MP0439 Empresa e administración 123 7
MP0442 Operacións administrativas de recursos humanos 123 7
MP0443 Tratamento da documentación contable 105 6
MP0446 Empresa na aula 156 9
MP0451 Formación en centros de traballo 410




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).