MAGA03

 

MAGA03 - Xardinaría e floraría

Familia: Agraria
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MAGA03
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en instalar, conservar e restaurar xardíns de exterior e interior, así como pradarías para uso deportivo, e realizar as actividades de produción de planta e de floraría, manexando e mantendo a maquinaria e as instalacións, consonte a normativa ambiental, de control de calidade e de prevención de riscos laborais.

 

En que ámbitos se traballa?
Desenvolve a súa actividade en empresas públicas e privadas dedicadas á instalación, o mantemento e a mellora de xardíns de interior, de exterior e de zonas verdes, á produción de plantas e terróns de céspede en viveiro e á creación e elaboración de composicións e ornamentacións con flores e plantas. Ademais, desenvolve actividades de comercialización e distribución, tanto por conta propia como por conta allea. Así mesmo, está capacitado para realizar tratamentos praguicidas, segundo a actividade regulada pola normativa e de acordo coa lexislación sobre prevención de riscos laborais.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Traballador/ora de hortas, viveiros e xardíns; xardineiro/a en xeral; xardineiro/a coidador de campos de deporte; traballador/ora de parques urbanos e de xardíns históricos e botánicos; traballador/ora cualificado/a na instalación de xardíns e zonas verdes; traballador/ora cualificado/a en mantemento e mellora de xardíns e zonas verdes; traballador/ora cualificado/a por conta propia en empresa de xardinaría; viveirista; traballador/ora en viveiros en xeral; traballador/ora cualificado/a en propagación de plantas en viveiros; traballador/ora cualificado/a en cultivo de plantas en viveiros; traballador/ora especialista en recolección de sementes e froitos en altura; traballador/ora cualificado/a en produción de sementes; enxertador/ora, traballador/ora cualificado en viveiros; florista por conta propia ou allea; oficial de floraría; vendedor/ora de floraría.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0582 Formación e orientación laboral 107 4
MP0404 Fundamentos agronómicos 159 6
MP0576 Implantación de xardíns e zonas verdes 134 5
MP0408 Infraestruturas e instalacións agrícolas 107 4
MP0409 Principios de sanidade vexetal 107 4
MP0578 Produción de plantas e terróns de céspede en viveiro 186 7
MP0407 Taller e equipamentos de tracción 160 6
MP0579 Composicións florais e con plantas 140 8
MP0479 Control fitosanitario 87 5
MP0583 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0580 Establecementos de floraría 87 5
MP0584 Formación en centros de traballo 410
MP0577 Mantemento e mellora de xardíns e zonas verdes 176 10
MP0581 Técnicas de venda en xardinaría e floraría 87 5

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2019-2020.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Bergondo 15001033 CFEA de Guísamo 881881055

Lugo



Concello Código Centro educativo Teléfono
Mondoñedo 27006966 IES Plurilingüe San Rosendo 982870539

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ponteareas 36007552 CIFP A Granxa 886120880




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).