MHOT02

 

MHOT02 - Servizos en restauración

Familia: Hostalaría e turismo
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MHOT02
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Realizar actividades de preparación, presentación e servizo de alimentos e bebidas, así como as de atención á clientela no ámbito da restauración, seguindo os protocolos de seguridade establecidos e actuando segundo normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
En empresas grandes, medianas e pequenas, nomeadamente do sector da hostalaría, aínda que tamén pode traballar por conta propia en pequenos establecementos de restauración. Esta profesión desenvólvese en sectores e subsectores produtivos en que se desenvolvan procesos de elaboración e servizo de alimentos e bebidas, como o sector da hostalaría e, no seu marco, as áreas de hostalaría e restauración (tradicional, moderna e colectiva).

 

Que ocupacións se desempeñan?
Camareiro/a de bar e cafetaría ou restaurante. Xefe/a de rango. Empregado/a de economato de unidades de produción e servizo de alimentos. Barman. Axudante de somelier. Auxiliar de servizos en medios de transporte.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0157 Formación e orientación laboral 107 4
MP0156 Inglés 160 6
MP0150 Operacións básicas en bar e cafetaría 267 10
MP0151 Operacións básicas en restaurante 320 12
MP0031 Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos 53 2
MP0155 Técnicas de comunicación en restauración 53 2
MP0158 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0159 Formación en centros de traballo 410
MP0154 O viño e o seu servizo 140 8
MP0045 Ofertas gastronómicas 87 5
MP0152 Servizos en bar e cafetaría 140 8
MP0153 Servizos en restaurante e eventos especiais 210 12

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2019-2020.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
A Coruña 15027897 CIFP Paseo das Pontes 881961030
Pontedeume 15025682 IES Fraga do Eume 881930455
Santiago de Compostela 15016000 CIFP Compostela 881866570

Lugo



Concello Código Centro educativo Teléfono
Foz 27020562 IES de Foz 982870287
Lugo 27016455 IES Sanxillao 982828088
Sober 27011718 CPR Belarmino Fernández Iglesias 982460469

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vilamarín 32016285 IES de Vilamarín 988685050

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Pontevedra 36020064 CIFP Carlos Oroza 886159545
Vigo 36013448 CIFP Manuel Antonio 886120750

Réxime de persoas adultas na modalidade presencial

Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2019-2020.

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2019-2020.

Lugo



Concello Código Centro educativo Teléfono
Lugo 27016455 IES Sanxillao 982828088




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).