MIFC01

 

MIFC01 - Sistemas microinformáticos e redes

Familia: Informática e comunicacións
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MIFC01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Instalar, configurar e manter sistemas microinformáticos, illados ou en rede, así como redes locais en pequenos contornos, asegurando a súa funcionalidade e aplicando os protocolos establecidos de calidade, seguridade e respecto polo medio.

 

En que ámbitos se traballa?
En empresas do sector de servizos dedicadas á comercialización, á montaxe e á reparación de equipamentos, redes e servizos microinformáticos en xeral, como parte do soporte informático da organización, ou en entidades de calquera tamaño e calquera sector produtivo que utilicen sistemas microinformáticos e redes de datos para a súa xestión.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a instaladora/a ou reparador/a de equipamentos informáticos. Técnico/a de soporte informático. Técnico/a de redes de datos. Reparador/a de periféricos de sistemas microinformáticos. Comercial de microinformática. Operador/a de teleasistencia. Operador/a de sistemas.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0221 Montaxe e mantemento de equipamentos 240 9
MP0222 Sistemas operativos monoposto 160 6
MP0223 Aplicacións ofimáticas 240 9
MP0225 Redes locais 213 8
MP0229 Formación e orientación laboral 107 4
MP0224 Sistemas operativos en rede 157 9
MP0226 Seguridade informática 140 8
MP0227 Servizos en rede 157 9
MP0228 Aplicacións web 123 7
MP0230 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0231 Formación en centros de traballo 410




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).