MIMA01

 

MIMA01 - Instalacións frigorificas e de climatización

Familia: Instalación e mantemento
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MIMA01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en montar e manter instalacións frigoríficas, de climatización e de ventilación aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais establecidos, de xeito que se asegure a súa funcionalidade e o respecto polo ambiente.

 

En que ámbitos se traballa?
Este profesional exerce a súa actividade nas empresas de montaxe e mantemento de instalacións térmicas e de fluídos relacionadas cos subsectores do frío comercial, do frío industrial e da climatización, tanto no sector de edificación e obra civil como no industrial.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Instalador/ora frigorista en instalacións comerciais; mantedor/ora frigorista en instalacións comerciais; instalador/ora frigorista en procesos industriais; mantedor/ora frigorista en procesos industriais; instalador/ora ou montador/ora de equipamentos de climatización, ventilación e extracción, redes de distribución e equipamentos terminais; mantedor/ora ou reparador/ora de equipamentos de climatización, ventilación e extracción, redes de distribución e equipamentos terminais.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0036 Máquinas e equipamentos térmicos 240 9
MP0037 Técnicas da montaxe de instalacións 240 9
MP0038 Instalacións eléctricas e automatismos 266 10
MP0039 Configuración de instalacións de frío e climatización 107 4
MP0043 Formación e orientación laboral 107 4
MP0040 Montaxe e mantemento de equipamentos de refrixeración comercial 157 9
MP0041 Montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas industriais 210 12
MP0042 Montaxe e mantemento de instalacións de climatización, ventilación e extracción 210 12
MP0044 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0244 Formación en centros de traballo 410

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2018-2019.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Culleredo 15005749 IES Universidade Laboral 881960820
Fene 15032081 IES de Fene 881938280
Ribeira 15014556 CIFP Coroso 881866874

Lugo



Concello Código Centro educativo Teléfono
Lugo 27006528 CIFP As Mercedes 982828001

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ourense 32009131 IES Universidade Laboral 988788486

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Marín 36015159 IES Chan do Monte 886151275
Vigo 36014568 CIFP Valentín Paz Andrade 886110857

Réxime de persoas adultas na modalidade presencial

Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2018-2019.




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).