MIMA03

 

MIMA03 - Mantemento electromecánico

Familia: Instalación e mantemento
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MIMA03
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Montar e manter maquinaria e equipamento industrial e liñas automatizadas de produción, de acordo coas normas e os regulamentos establecidos, seguindo os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais e respecto polo ambiente.

 

En que ámbitos se traballa?
En empresas, maioritariamente privadas, dedicadas á montaxe e ao mantemento ou instalacións de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas, por conta propia ou allea.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Mecánico/a de mantemento; montador/ora industrial; montador/ora de equipamentos eléctricos; montador/ora de equipamentos electrónicos; mantedor/ora de liña automatizada; montador/ora de bens de equipamento; montador/ora de automatismos pneumáticos e hidráulicos; instalador/ora electricista industrial; electricista de mantemento e reparación de equipamentos de control, medida e precisión.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0949 Técnicas de fabricación 240 9
MP0950 Técnicas de unión e montaxe 133 5
MP0951 Electricidade e automatismos eléctricos 240 9
MP0952 Automatismos pneumáticos e hidráulicos 240 9
MP0956 Formación e orientación laboral 107 4
MP0953 Montaxe e mantemento mecánico 210 12
MP0954 Montaxe e mantemento eléctrico-electrónico 192 11
MP0955 Montaxe e mantemento de liñas automatizadas 175 10
MP0957 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0958 Formación en centros de traballo 410

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2018-2019.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
A Coruña 15005269 IES Urbano Lugrís 881960715
Cedeira 15026376 IES Punta Candieira 881930076
Cee 15003224 IES Fernando Blanco 881880465
Fene 15032081 IES de Fene 881938280

Lugo



Concello Código Centro educativo Teléfono
Sarria 27012036 IES Gregorio Fernández 982870790

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Verín 32013582 IES García-Barbón 988685085

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vigo 36011634 IES Politécnico de Vigo 986213025
Vilagarcía de Arousa 36013771 IES Fermín Bouza Brey 886151956

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2018-2019.

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vigo 36011634 IES Politécnico de Vigo 986213025




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).