MIMP02

 

MIMP02 - Peiteado e cosmética capilar

Familia: Imaxe persoal
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MIMP02
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Realizar o coidado e o embelecemento do cabelo, a estética de mans e pés e o estilismo masculino, así como comercializar servizos e venda de cosméticos, cumprindo os protocolos de calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
En empresas de imaxe persoal dedicadas aos procesos de peiteado de uso social, onde desenvolve tarefas de prestación de servizos, comercialización, aprovisionamento,calidade, protección fronte a riscos e control de efluentes e residuos. Adoitan actuar por conta allea, integrándose en equipos de traballo con persoas cun nivel de cualificación igual, inferior ou superior.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Peiteador/ora, barbeiro/a, técnico/a en coloracións capilares, técnico/a en cambios de forma do cabelo, técnico/a en corte de cabelo, técnico/a en postizaría, técnico/a enmanicura, técnico/a en pedicura, técnico/a ou axente comercial de empresas do sector,recepcionista en empresas de peiteado, demostrador/ora de equipamentos, cosméticos e técnicas de peiteado.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0636 Estética de mans e pés 107 4
MP0640 Imaxe corporal e hábitos saudables 133 5
MP0842 Peiteados e recollidos 266 10
MP0844 Cosmética para peiteado 160 6
MP0848 Peiteado e estilismo masculino 80 3
MP0849 Análise capilar 107 4
MP0851 Formación e orientación laboral 107 4
MP0643 Márketing e venda en imaxe persoal 70 4
MP0843 Coloración capilar 210 12
MP0845 Técnicas de corte do cabelo 210 12
MP0846 Cambios de forma permanente do cabelo 87 5
MP0852 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0853 Formación en centros de traballo 410




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).