MMAP03

 

MMAP03 - Navegación e pesca de litoral

Ciclo formativo
Familia: Marítimo-pesqueira
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MMAP03
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en organizar, xestionar e executar as actividades de buques, cuxas características e límites xeográficos determinen as administracións competentes para este nivel, dirixindo e controlando a navegación, a extracción, a manipulación e a conservación da pesca, respectando as condicións de seguridade e consonte a normativa.

 

En que ámbitos se traballa?
As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade, por conta propia ou allea, en buques de pesca e en buques mercantes, de natureza pública ou privada, cos límites e as atribucións que estableza a Administración competente.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Patrón costeiro polivalente, local de pesca, dedicado ao transporte marítimo de mercadorías e/ou pasaxe, servizos de practicaxe, seguridade, salvamento marítimo, mergullo e investigación, patrón ao mando de buques de pesca ou mercantes; patrón, primeiro oficial e oficial de ponte en buques mercantes, pesqueiros e de pasaxe , coas atribucións establecidas para o patrón de litoral; mariñeiro pescador e de ponte; inspector de flota; supervisor de montaxe e armaxe de artes e aparellos de pesca; manipulador ou operario de elaboración; operario de envasamento e empaquetaxe; operador ou controlador de liña de envasamento; traballador na preparación de peixe para conservas; especialista en tratamentos de frío; elaborador de produtos da pesca e derivados, de conservas de peixe e de semiconservas, de conxelados e ultraconxelados; limpador e preparador de peixe para conservas.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1033 Atención sanitaria a bordo 53 2
MP1030 Despacho e administración do buque 107 4
MP1036 Estabilidade, trimaxe e estiba do buque 160 6
MP1037 Formación e orientación laboral 107 4
MP0156 Inglés 160 6
MP1035 Técnicas de manobra 160 6
MP1027 Técnicas de navegación e comunicacións 213 8
MP1038 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP1039 Formación en centros de traballo 410
MP1034 Instalacións e servizos 105 6
MP1029 Pesca de litoral 210 12
MP1028 Procedementos de garda 105 6
MP1032 Seguridade marítima 157 9

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Culleredo 15005749 CIFP Universidade Laboral 881960820
Ribeira 15027812 ESCO Oficial Náutico-Pesqueira 881866317

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vigo 36011804 INSTITUTO Marítimo Pesqueiro do Atlántico 886110825

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.

Lugo



Concello Código Centro educativo Teléfono
Viveiro 27013636 IES María Sarmiento 982870916




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).