MQUI01

 

MQUI01 - Planta química

Familia: Química
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MQUI01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Realizar operacións básicas e de control nos procesos para a obtención e a transformación de produtos químicos, mantendo operativos os sistemas, os equipamentos e os servizos auxiliares, controlando as variables do proceso para asegurar a calidade do produto, e cumprindo as normas de prevención de riscos laborais, de seguridade e ambientais.

 

En que ámbitos se traballa?
En empresas do sector químico dentro da área de produción, recepción, expedición, acondicionamento, aprovisionamento loxístico, enerxía e servizos auxiliares, tanto no subsector da química básica como no da química transformadora.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Operador/ora principal en instalacións de tratamento químico. Operador/ora de máquinas quebrantadoras, trituradoras e mesturadoras de substancias químicas. Operador/ora en instalacións de tratamento químico térmico. Operador/ora de equipamentos de filtraxe e separación de substancias químicas. Operador/ora de equipamentos de destilación e reacción química. Operador/ora de refinarías de petróleo e gas natural. Encargado/a de operadores/oras de máquinas para fabricar produtos químicos. Operador/ora en instalacións de produción de enerxía e operacións auxiliares das plantas químicas. Operador/ora de equipamentos de filtración, separación e depuración de augas. Operador/ora de máquinas para fabricar municións e explosivos. Outros/as operadores/oras de instalacións de tratamento de produtos químicos. Outros/as operadores/as de máquinas para fabricar produtos químicos. Operador/ora de equipamentos para a fabricación de fertilizantes. Operador/ora en instalacións de tratamento de augas. Persoal auxiliar de operación de instalacións de coxeración eléctrica. Operador/ora de máquinas para fabricar accesorios fotográficos e cinematográficos.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0117 Formación e orientación laboral 107
MP0113 Operacións de xeración e transferencia de enerxía en proceso químico 240
MP0110 Operacións unitarias en planta química 266
MP0109 Parámetros químicos 160
MP0114 Transporte de materiais na industria química 187
MP0112 Control de procesos químicos industriais 175
MP0118 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0119 Formación en centros de traballo 410
MP0111 Operacións de reacción en planta química 157
MP0116 Principios de mantemento electromecánico 105
MP0115 Tratamento de augas 140




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).