MTMV07

 

MTMV07 - Mantemento de estruturas de madeira e moblaxe de embarcacións de recreo

Familia: Transporte e mantemento de vehículos
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MTMV07
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Planificar e/ou desenvolver a actividade de mantemento de embarcacións de recreo de madeira. Localizar avarías en estruturas, cascos, cubertas e elementos interiores de embarcacións de recreo de madeira. Determinar o alcance da avaría ou a disfunción nas embarcacións de recreo de madeira. Planificar o traballo de mantemento, establecendo o procedemento que cumpra seguir, especificando os materiais ou os repostos requiridos, os equipamentos e as ferramentas necesarias, e a seguridade aplicable. Seleccionar e abastecerse de materiais, accesorios e produtos de entrada e saída no almacén. Manter en bo estado os elementos estruturais de madeira de embarcacións de recreo. Manter e, de ser o caso, modificar elementos interiores de madeira de embarcacións de recreo. Reconstruír cascos e cubertas de madeira de embarcacións de recreo, cumprindo os requisitos técnicos do fabricante e da normativa aplicable. Preparar soportes e aplicar mesturas de pintura, operando con equipamentos de acabamento requiridos. Montar e/ou adaptar mobles e elementos de carpintaría en embarcacións de recreo. Realizar o mantemento de primeiro nivel de máquinas e equipamentos de mecanizado utilizados na montaxe e no acabamento de elementos de madeira, consonte a ficha de mantemento.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector de mantemento de embarcacións de recreo de madeira.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Carpinteiro/a (montador/a-reparador/a de moblaxe) en embarcacións de recreo. Carpinteiro/a de ribeira (mantemento de estruturas, cascos e cubertas de embarcacións de recreo de madeira).

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0538 Materiais en carpintaría e moble 133 5
MP0539 Solucións construtivas 187 7
MP0540 Operacións básicas de carpintaría 240 9
MP0541 Operacións básicas de moblaxe 240 9
MP0542 Control de almacén 53 2
MP1634 Formación e orientación laboral 107 4
MP1618 Preparación de embarcacións de recreo para traballos de mantemento 104 6
MP1630 Mecanizado de elementos de carpintaría de ribeira 104 6
MP1631 Mantemento de cubertas e cascos de madeira en embarcacións de recreo 123 7
MP1632 Mantemento de elementos estruturales de madeira de embarcacións de recreo 123 7
MP1633 Mantemento de elementos interiores de madeira e moblaxe de embarcacións de recreo 123 7
MP1635 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP1636 Formación en centros de traballo 410




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).