SAGA02

 

SAGA02 - Paisaxismo e medio rural

Ciclo formativo
Familia: Agraria
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SAGA02
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Realizar as actividades axeitadas para o desenvolvemento de proxectos de xardíns e zonas verdes, e a xestión da produción de plantas e da produción agrícola, supervisando os traballos, programando e organizando os recursos materiais e humanos dispoñibles, aplicando criterios de rendibilidade económica e cumprindo a normativa ambiental, de produción ecolóxica, de produción en viveiro, de control de calidade, de seguridade alimentaria e de prevención de riscos laborais.

 

En que ámbitos se traballa?
Na área de xestión de empresas públicas e privadas dedicadas á instalación, a restauración e o mantemento de parques e xardíns, restauración da paisaxe, produción agrícola convencional ou ecolóxica, e produción de sementes e plantas en viveiro, por conta allea ou por conta propia. Ademais desenvolve actividades de organización, control e realización de tratamentos praguicidas regulados pola normativa.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico en xardinaría; deseñador de zonas axardinadas que non requiran a redacción dun proxecto; encargado da instalación de parques, xardíns e áreas recreativas urbanas e periurbanas, de mantemento, conservación e restauración de xardíns e parques (áreas recreativas urbanas e periurbanas, e medio natural), de obras de xardinaría e restauración da paisaxe, de podas e operacións de cirurxía arbórea, de viveiros en xeral, de propagación e cultivo de plantas en viveiro, de colleita de sementes e froitos en altura, de produción de sementes e terróns de céspede, de almacén de expedicións de plantas, terróns de céspede e/ou sementes; traballador por conta propia en empresas de xardinaría e restauración da paisaxe; xestor de produción agrícola, tanto convencional como ecolóxica, por conta propia ou allea; responsable de almacén agrícola, de equipamentos de tratamentos terrestres; encargado ou capataz agrícola de hortas, viveiros e xardíns, en xeral.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0690 Botánica agronómica 80 3
MP0698 Conservación de xardíns e céspedes deportivos 160 6
MP0692 Fitopatoloxía 107 4
MP0700 Formación e orientación laboral 107 4
MP0694 Maquinaria e instalacións agroforestais 186 7
MP0693 Topografía agraria 107 4
MP0691 Xestión e organización do viveiro 213 8
MP0697 Deseño de xardíns e restauración da paisaxe 175 10
MP0701 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0702 Formación en centros de traballo 384
MP0695 Planificación de cultivos 193 11
MP0699 Proxecto de paisaxismo e medio rural 26
MP0696 Xestión de cultivos 209 12

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coristanco 15021974 EFAG Fonteboa 981733051

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Arzúa 15027733 IES de Arzúa 881866047




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).