SELE01

 

SELE01 - Sistemas electrotécnicos e automatizados

Familia: Electricidade e electrónica
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SELE01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en desenvolver proxectos e en xestionar e supervisar a montaxe e o mantemento de instalacións electrotécnicas no ámbito do regulamento electrotécnico para baixa tensión (REBT). Tamén consiste en supervisar o mantemento de instalacións de infraestruturas comúns de telecomunicacións, a partir da documentación técnica, especificacións, normativa e procedementos establecidos, asegurando o funcionamento, a calidade, a seguridade, e a conservación ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
Este profesional exerce a súa actividade en empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos, á xestión e á supervisión da montaxe e do mantemento de instalacións eléctricas no ámbito de edificios e con fins especiais, á instalación de sistemas domóticos e inmóticos, a infraestruturas de telecomunicación en edificios, a redes eléctricas de baixa e a sistemas automatizados, tanto por conta propia como por conta allea.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en proxectos electrotécnicos; proxectista electrotécnico/a; proxectista de instalacións de electrificación en baixa tensión para vivendas e edificios; proxectista de instalacións de electrificación en baixa tensión para locais especiais; proxectista de instalacións de iluminación exterior; proxectista de liñas eléctricas de distribución de enerxía eléctrica en media tensión e centros de transformación; proxectista en instalacións de antenas e de telefonía para vivendas e edificios; coordinador/ora técnico/a de instalacións electrotécnicas de baixa tensión para os edificios; técnico/a de supervisión, verificación e control de equipamentos e instalacións electrotécnicas e automatizadas; técnico/a supervisor/ora de instalacións de iluminación exterior; capataz de obras en instalacións electrotécnicas; xefe/a de equipo de instalación de baixa tensión para edificios; coordinador técnico de redes eléctricas de baixa tensión e iluminación exterior; técnico/a en supervisión, verificación e control de equipamentos en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e iluminación exterior; capataz de obras en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e iluminación exterior; encargado/a de obras en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e iluminación exterior; xefe/a de equipo de instalación en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e iluminación exterior; xestor/ora do mantemento de instalacións eléctricas de distribución e iluminación exterior.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0517 Procesos en instalacións de infraestruturas comúns de telecomunicacións 187 7
MP0518 Técnicas e procesos en instalacións eléctricas 240 9
MP0520 Sistemas e circuítos eléctricos 213 8
MP0521 Técnicas e procesos en instalacións domóticas e automáticas 213 8
MP0527 Formación e orientación laboral 107 4
MP0519 Documentación técnica en instalacións eléctricas 105 6
MP0522 Desenvolvemento de redes eléctricas e centros de transformación 122 7
MP0523 Configuración de instalacións domóticas e automáticas 140 8
MP0524 Configuración de instalacións eléctricas 140 8
MP0526 Proxecto de sistemas electrotécnicos e automatizados 26
MP0528 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0529 Formación en centros de traballo 384
MP0602 Xestión da montaxe e do mantemento de instalacións eléctricas 70 4




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).