SENA03

 

SENA03 - Centrais eléctricas

Familia: Enerxía e auga
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SENA03
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Xestionar, coordinar e controlar as tarefas de operación, apoiar a supervisión do proceso de produción e realizar o mantemento de primeiro nivel en centrais e subestacións eléctricas, garantindo o seu óptimo funcionamento desde o punto de vista da fiabilidade e a eficiencia enerxéticas, e cumprindo as prescricións establecidas en materia de calidade e seguridade para as persoas, o ambiente e as instalacións.

 

En que ámbitos se traballa?
En empresas relacionadas coa xeración eléctrica por medio de centrais eléctricas hidroeléctricas e térmicas (carbón, gas, diésel, biomasa e outros combustibles, incluíndo instalacións de xeración eléctrica termosolar e coxeración); tamén en empresas que posúan instalacións de alta tensión, así como en empresas industriais que realicen traballos de montaxe e mantemento de centrais e subestacións eléctricas, dependendo funcionalmente dun superior e podendo ter ao seu cargo persoal.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Axudante técnico/a de operación de centrais termoeléctricas, responsable de operación e mantemento de sistemas de coxeración, operario/a de planta de central termoeléctrica, operador/ora de control de central termoeléctrica, técnico/a de operación e mantemento de centrais hidroeléctricas, operador/ora de centro de control de centrais hidroeléctricas, operario/a de planta de centrais hidroeléctricas, encargado/a de montaxe de subestacións eléctricas, encargado/a de mantemento de subestacións eléctricas, operador/ora mantedor/ora de subestacións eléctricas.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0672 Centrais de produción eléctrica 267
MP0671 Prevención de riscos eléctricos 52
MP0668 Sistemas eléctricos en centrais 160
MP0669 Subestacións eléctricas 187
MP0670 Telecontrol e automatismos 187
MP0675 Coordinación de equipos humanos 105
MP0678 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0677 Formación e orientación laboral 107
MP0679 Formación en centros de traballo 384
MP0674 Mantemento de centrais eléctricas 227
MP0673 Operación en centrais eléctricas 245
MP0676 Proxecto de centrais eléctricas 26




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).